Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O inicio dos plenos de Nigrán pasa ás 20 horas con futura retransmisión na web oficial da corporación.

O inicio dos plenos de Nigrán pasa ás 20 horas con futura retransmisión na web oficial da corporación.

Correo-e Imprimir PDF
pleno pxom 2013

Coa intención de facilitar a presenza da veciñanza nos plenos de Nigrán, foi aprobado un acordo para trasladar ás 20 horas o comezo das sesións. Tras un mes de debate a moción presentada por Fernández Comesaña(UCN) -que recollía unha iniciativa de EU, sen representación no pleno- foi apoiada o pasado xoves polos 6 edís do PSOE, e o representante do BNG, así como o non adscrito Ignacio Vilas, acadando 9 votos. O gobernante PP votou negativamente cos seus 8 concelleiros, co argumento que o traslado implicaba un aumento nos gastos remunerativos do persoal municipal que deberá estar presente nese novo horario. O acordo aprobado inclúe unha enmenda do BNG que obrigará á alcaldía a engadir o audio das sesións na web oficial de Nigrán.

O novo réxime de sesións plenarias aprobado

O contido do acordo aprobado sinala algúns aspectos xa contemplados con anterioridade como o carácter mensual dos mesmos agás o mes de agosto onde non se celebrará sesión ordinaria. Na mesma liña, que as mesmas terán lugar o último xoves de cada mes, excepto no mes de decembro a celebrarse o xoves da semana anterior a de Nadal. Todas terán o seu inicio ás 20 horas.
Por outra banda e con carácter xeral, cando o día inicialmente previsto coincida en festivo, adiantarase ao día hábil inmediatamente anterior. Excepcionalmente, mediante resolución motivada e previa consulta cos portavoces dos distintos grupos municipais, a presidencia poderá convocar a correspondente sesión ordinaria "para data distinta da agora establecida, sen que en ningún caso poida anticiparse ou demorarse a súa celebración en mais de sete días naturais respecto da data prevista".
As novas tecnoloxías ao servizo da transparencia
A proposta presentada polo edil Xavier Rodríguez (BNG) obriga ao concello a aproveitar todas as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías para a difusión dos plenos, empezando, con carácter inmediato, por subir o audio dos mesmos á páxina municipal, ao ser esta unha operación sen maiores dificultades técnicas, para seguir, a continuación, coa posibilidade de facer o mesmo co vídeo e mesmo chegar a retransmisión en directo.
En opinión do BNG "esta medida contribúe moito máis á transparencia das sesións que o estabelecemento de Plenos nocturnos que non fan senón seguir afondando nos irracionais horarios que sufrimos no Estado Español. O cal supón que, non sin certo paletismo, continuemos alonxándonos dos países máis desenvueltos".
Sinalan que no obstante apoiaron trasladar o horario das sesións plenarias ás 20 horas, como medida transitoria "en tanto en canto non se conquiran implementar todas as solucións técnicas que posibiliten o libre acceso íntegro e completo aos plenos, por parte de calquera cidadán e en calquera momento que o desexe".