Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía O día 1 de setembro abren as inscricións para cursos do "Programa Actívate" no Concello de Nigrán.

O día 1 de setembro abren as inscricións para cursos do "Programa Actívate" no Concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
asistencia-domicilio-mayores

O Concello de Nigrán anuncia a apertura de inscrición para os cursos "Coidados básicos para persoa maiores" e "Técnicas de aseo e hixiene á persoa dependente". Os mesmos terán unha duración de 40 horas e se desenvolverán no Centro Antena de Nigrán en horario da mañá. As inscricións abren o vindeiro sábado 1 de setembro.

 

Os obradoiros serán coordinados pola Concellaría de Promoción Empresarial, Comercio e Emprego local, e serán destinados a mozos e mozas de 16 a 35 anos (ambos os dous inclusive).

Dende a concellaría informan que ademais de recibir formación técnica no campo do servizo ás persoas, os alumnos participarán nun obradoiro sobre aspectos básicos para a busca de emprego, tales como as habilidades socias para a inserción, a elaboración do CV, a orientación laboral, etc.

As personas interesadas deberán cubrir un impreso de inscrición oficial, que estará a súa disposición nas dependencias municipais e presentalo no Rexistro Xeneral do Concello, ata o día 20 de setembro, data na que se pechará o prazo de inscrición e se remitirán todas as solicitudes recibidas á Deputación de Pontevedra. Os cursos ten lugar no marco do Programa Actívate da devandita Deputación.