Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O Concello de Nigrán presenta a campaña "Outubro o mes do emprego".

O Concello de Nigrán presenta a campaña "Outubro o mes do emprego".

Correo-e Imprimir PDF
valverde-emprego

O Concello de Nigrán presentou a campaña "Outubro o mes do emprego" que contará con seis instancias formativas e de promoción cara á dinamización do mercado laboral no municipio. A través de múltiples actividades, o goberno municipal proponse " hacer llegar a toda la población una serie de iniciativas cuyo objetivo es mejorar las competencias personales y profesionales de nuestros vecinos, ayudándoles así en la búsqueda de un puesto de trabajo", segundo informa a Concellería de Promoción Empresarial, Comercio e Emprego.

 

As actividades programadas se levarán a cabo en dependencias municipais e en horarios de mañá ou de tarde, dependendo da tipoloxía e o público obxectivo das mesmas. Co este programa o municipio informa que busca "desestacionalizar" a contratación de persoal. "Esta iniciativa responde al firme objetivo del gobierno municipal de combatir las duras tasas de paro que registra Nigrán tras cuatro años de gobierno bipartito, en las que pasó de unos 700 desempleados a más de un millar", argumentou o rexedor Alberto Valverde.

Calendario

Mércores 3.- Seminario de Motivación Emprendedora.

Entidade colaboradora: BIC Galicia.

Destinatarios: fundamentalmente o alumnado dos institutos da zona (Prol Val e Val Miñor). Nesta actividade participarán máis de 150 alumnos destes centros.

Horario: 10:00-13:00 horas.

Lugar: Salón de Actos do Concello de Nigrán.

Mércores 10.- Xornada de inscrición na Bolsa de Emprego Municipal.

Actividade propia e independente da concellaría.

Destinatarios: desempregados e empadroados en Nigrán, interesados en inscribirse na Bolsa de Emprego local (máximo 50 persoas por sesión).

Horario: 9:30 e 11:00 horas.

Lugar: Salón de Plenos de Concello de Nigrán.

Mércores 17.- Xornada técnica sobre prestacións públicas.

Entidade colaboradora: Servizo Público de Emprego Estatal.

Destinatarios: técnicos dos Servizos Sociais, Centros de Información á Muller, Orientadores Laborais, AEDLs, persoal de centros homologados para a docencia de cursos AFD e responsables políticos das concellarías de Emprego de todo o Val Miñor.

Horario: 9:30-14:00 horas.

Lugar: Salón de Actos do Concello de Nigrán.

Venres 19.- Curso de manipulación de alimentos.

Actividade propia e independente da concellaría.

Destinatarios: público e interesados en xeral.

Horario: 17:00-20:00 horas.

Lugar: Centro Antena Municipal.

Luns 22 ao venres 26.- Curso de Busca de Emprego: "Emprégache a fondo".

Actividade propia e independente da concellaría, impartida polo persoal da mesma.

Destinatarios: interesados en xeral, cun máximo de quince persoas por edición.

Horario: 9:00-14:00 horas.

Lugar: Centro Antena Municipal.

Martes 30.- Encontro Empresas - Traballadores: "Conectados polo emprego".

Entidades colaboradoras: ETTs, empresas de inserción, empresas interesadas en servizos de emprego.

Destinatarios: ETTs, empresas de inserción, empresas interesadas, particulares.

Horario: 9:00-15:00 horas.