Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Desfile da moda miñorana na Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF
azzaro-modaHoxe venres ás 23 horas a moda miñorana dáse cita na Ramallosa cun desfile de modelos (elas e eles tamén miñoráns) no pub Azzaro. Un grupo de empresas da bisbarra presentarás as súas coleccións de calzados, vestidos, roupa e accesorios surf, estética e perruquería, traxes de noivas e o enxoval, e moitas cousas máis. A entrada é gratuíta.

Inscricións abertas para a I Xornada do Banco de Tempo de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

CARTEL-I-XORNADA-DO-BT-DE-NIGRNEstán abertas as inscricións para a I Xornada do Banco de Tempo de Nigrán a celebrarse o próximo xoves 16 de decembro de 2010. Coa intención de intercambiar experiencias, coñecer actividades e colaboradores, achegar ideas, reflexionar sobre o que propón este programa e recoñecer a labor das persoas que colaboran na súa difusión, están convocados os socios e socias do BT de Nigrán. Tamén participarán membros da mesma iniciativa doutros concellos.

A campaña "Compra na praza" na Ramallosa premiou a seis clientes.

Correo-e Imprimir PDF

PRAZA-007Compra na praza é unha campaña da Xunta de Galicia que busca incentivar o consumo nos mercados locais. Dende o 9 de novembro ata o 4 de decembro as persoas que compraron na praza da Ramallosa recibiron un copón por cada acto de compra. Realizáronse dous sorteos quincenais de cheques por valor de 75, 50 e 25 euros a descontar na propia praza.

Presentación de Máxico Circus Cabaret en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

880-4850-a-cayetano_lledo“Máxico Circus Cabaret” é un espectáculo de ilusionismo teatral para todos os públicos. Un espectáculo cunha estética moi coidada que inclúe números de maxia musical, comedia, manipulación de cartas, malabarismo de contacto, clown, levitaciones, cambios de vestiario, humor, mentalismo e hipnose. Esa é a proposta que o mago vigués Cayetano Lledó, un dos novos valores do ilusionismo galegos, achegará a Gondomar o vindeiro sábado 11. a actuación, no marco da II Mostra de Maxia do Concello de Gondomar, será ás 22.00 no Auditorio Municipal Lois Tobío. As entradas venderanse unha hora antes en taquilla ao prezo de 3.5 euros.

Los del Barro en A Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF
Los_del_barroO pub Azzaro invita ao concerto da banda de pop – rock español Los del Barro. A cita é as 23:30 horas no local de Avenida Portugal na Ramallosa. A entrada é gratuíta.

Mª Goretti Fariña recibirá o III Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Menor de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF

III Premio de poesia Victoriano TaiboO vindeiro sábado 11 de decembro, nos locais da Escola de Guillufe (Morgadáns) terá lugar a entrega do III Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns. A gañadora do certame Mª Goretti Fariña recibirá de mans de Urbano Esmerodes, presidente da Entidade Local de Morgadáns o cheque de 3000€ co que está dotado o premio. Ademais, a escritora recibirá a escultura conmemorativa deste evento, obra do artista Fino Lorenzo.

Espazo Lectura achega ao escritor Alberto Lema ao Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

Unha-puta-percorre-europaComo tódolos meses o club de lectura Sete Vidas reúnese para compartir e debater as obras literarias clásicas e novas escritas en lingua galega. O próximo martes 14 de decembro tocará quenda ao escritor nado en Bamiro (1975) Alberto Lema. Ás 20 horas os membros do club compartirán experiencias e comentarios sobre a lectura da novela de Lema "Unha puta percorre Europa". Unha hora despois, o autor dialogará coas persoas presentes. A xuntanza é na Biblioteca de Gondomar no primeiro andar da Casa da Cultura do devandito concello.

O Centro Cultual A Merced de Chaín prepara o Concerto de Panxoliñas.

Correo-e Imprimir PDF

cartel-nadal-chainO Centro Cultual A Merced da parroquia de Chaín (Gondomar), prepara no seu auditorio o Concerto de Panxoliñas que terá lugar o próximo sábado 18 de decembro ás 20 horas. A tal fin invita a nenas e nenos que queiran facer manualidades de Nadal para mañá domingo no Centro.

O Coro Tracional Cantares do Brión estreou traxes e blog.

Correo-e Imprimir PDF

Cantares-do-Brion-imaxe-de-Luis-Garcia-CregoO Coro Tradicional Cantares do Brión estreou os seus traxes tradicionais de gala no XXII Homenaxe ao Gaiteiro no Centro Cultural Caixanova de Vigo o pasado 21 de novembro. O deseño dos traxes foi deseñado polos coristas Isaac Teniente e Patri González Iglesias e realizado polo taller de costura de Patri en Saiáns. O coro tradicional das Rías Baixas tamén amosou o bombo da agrupación feito polo grupo de artesás de instrumentos tradicionais de percusión Foliqueiras onde traballa outra das súas coristas, Chus Iglesias.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL