Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O teólogo Victorino Pérez Prieto falará do Movemento Cristián Galego esta noite no IEM.

O teólogo Victorino Pérez Prieto falará do Movemento Cristián Galego esta noite no IEM.

Correo-e Imprimir PDF
Hoxe ás 20:30 horas TERTULIA do IEM có teólogo Victorino Pérez Prieto.

"O Movemento Cristián Galego. Unha Igrexa que existe e resiste" e o título da TERTULIA do IEM que esta noite terá por protagonista ao teólogo Victorino Pérez Prieto. A presentación do faladoiro estará a cargo do crego salesiano Xabier Blanco. A TERTULIA comeza ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira 10, baixo, Gondomar).

Segundo o adiantado polo IEM o tema se desenvolverá segundo o seguinte esquema:

I. Unha ollada ao pasado distante e recente

Prisciliano (s.IV), o Mestre Mateo (s.XII-XIII), o P.Feijoo, o P.Sarmiento e o Cura de Fruime (s. XVII-XVIII)... Rosalía, Pondal e Curros Enriquez; Lago González... Otero Pedrayo, Vicente M. Risco, Florentino Cuevillas, Castelao... Ramón Cabanillas, Losada Diéguez... Álvaro Cunqueiro e Xosé M Díaz Castro.

II. A realidade presente.

A pesar da falla de compromiso coa terra galega e co pobo galego, hai unha longa nómina de clérigos e leigos ilustres, cristiáns e galeguistas:

1) Un bispo, algúns curas, frades e monxas: Miguel Anxo Araújo, Xaime Seixas, Xosé Isorna e Manuel Espiña... intelectuais como Torres Queiruga, Chao Rego, Xulio Andión, Xosé Alvilares, Marcial Gondar, Uxío Romero Pose... Os curas de IRIMIA Xosé A. Miguélez, Manolo Regal, A. Blanco Torrado, X.M. Carballo... curas nas organizacións nacionalistas e no mundo obreiro como Moncho Valcarce, Francisco Carballo... E Unha longa nómina de curas comprometidos no galeguismo, F. Lorenzo Mariño, Miguel Fernández Grande, Nicanor Rielo Carballo, Xesús Mato... e outros máis novos como Rubén Aramburu.

2) Leigos na cultura e no nacionalismo de dereitas e de esquerdas hoxe: Manolo Beiras, Xaime Illa, Domingo Fdez. del Riego, A. Zulueta, Quico Dominguez... Homes e mulleres cristiáns no nacionalismo, no movemento ecoloxista, pacifista e de cooperación co Terceiro Mundo, no movemento veciñal e nas Asociacións Culturais, nas Comunidades Cristiás de Base... Académicos como Xesús Ferro Ruibal e Luz Pozo Garza, poetas como Helena Villar Janeiro e Marica Campo, profesionais do ensino como Manuel Dourado, Lois Ferradás, Tereixa Ledo...

Ao remate do faladoiro haberá como de costume unha cea co convidado que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe, para asistir á mesma é necesario facer reserva ao teléfono 986 360 575 (polas tardes) ou 680 644 490.