Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Venres de TERTULIA no IEM: "Están as Rías Baixas moi contaminadas?", co profesor Ricardo Beiras García -Sabell.

Venres de TERTULIA no IEM: "Están as Rías Baixas moi contaminadas?", co profesor Ricardo Beiras García -Sabell.

Correo-e Imprimir PDF
ricardo-beiras

 

Este venres terá lugar unha nova TERTULIA do Instituto de Estudos Miñoranos da tempada 2011 - 2012. Esta vez o convidado será o profesor de Ecoloxía e  é Director da ECIMAT (Estación de Ciencias Mariñas de Toralla), Ricardo Beiras García-Sabell. O especialista centrará o faladoiro contestando á pregunta "Están as Rías Baixas moi contaminadas?"

Como é costume o faladoiro terá lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Aula de Cultura “Ponte de Rosas” (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) e será o próximo venres 13 de xaneiro de 2012 ás 20:30h.

Despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou no  680 644 4 90 ou ben no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

O convidado

Ricardo Beiras García-Sabell é licenciado e doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade é Profesor Titular de Ecoloxía no Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo ademais de director da ECIMAT (Estación de Ciencias Mariñas de Toralla).

Tamén se achegou a creación literaria con O rectángulo do sol, 1996, Sotelo Blanco e na obra colectiva Berra liberdade, 1996, Galaxia.

As súas investigacións  están centradas na contaminación mariña, ecotoxicoloxía e criterios de calidade da auga do mar.

Beiras  será presentado polo membro do IEM e investigador do Centro Oceanográfico de Vigo (Canido) Santiago Fraga Rivas.