Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Teatro, exposicións fotográficas e cine para conmemorar o Día da Muller Traballadora en Nigrán.

Teatro, exposicións fotográficas e cine para conmemorar o Día da Muller Traballadora en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
cartel-mulleres

Coa inauguración da mostra fotográfica "Miña nai traballa" e a presentación da obra de teatro "A visita da vella dama", amabas as dúas nas Escolas Proval, a Concellería de Igualdade de Nigrán continúa cos actos pra conmemorar o Día Internacional da Muller. A partir das 19:30 horas na aula mulitiusos das Escolas Proval estará aberta a exposición fotográfica que amosan a muller traballadora de Nigrán de hoxe. A mostra de carácter colectivo está realizada por alumnas e alumnos dos colexios públicos do concello. Logo, ás 20:30 horas o grupo Vichelocrego Teatro representará "A visita da vella dama", de Friedrich Dürrenmatt.

“MIÑA NAI TRABALLA”.

"Facer visible o traballo das mulleres de hoxe en día do noso Concello e das mulleres o longo da historia é o obxectivo deste traballo realizado pola Concellaría de Igualdade e Xuventude de Nigrán", informa a concelleira Purificación Leal. Para isto invitouse ao alumnado de tódolos colexios públicos de educación infantil e primaria de Nigrán a que aportasen unha foto das súas respectivas nais (por defecto da avoa ou titura) realizando o seu traballo habitual, sexa ou non remunerado. A finalidade era confeccionar un álbum que amosara as nais traballadoras tanto no eido público como no doméstico, e, "que séu traballo sexa valorado e referenciado polas súas fillas e seus fillos", agrega a concelleira. Estes álbums que recollen a mostra de mulleres-nais traballadoras de hoxe, ademais dunha pequena galería de mulleres que destacaron polas súas achegas á vida pública ao longo da historia, pasarán a ocupar un lugar nas bibliotecas dos Colexios e do Concello.

O luns 14 de Marzo no Salón de plenos do Concello ás 19:00h se desenvolverá a xornada e inauguración da exposición “UN MAR DE MULLERES”. Desde o 14 ata o 18 de marzo poderase visitar esta exposición fotográfica dos traballos realizados polas mulleres da zona Grupo de Acción Costeira Ría de Vigo - A Garda, e, que está rotando polos distintos concellos do sector pesqueiro da zona GAC 7

Nesta xornada do luns 14, presentarase o traballo que levan realizando mulleres desta zona: "mariscadoras a pé e a flote, redeiras, bateeiras, lonxeiras, etc; e animarase as persoas asistentes a solicitar axudas ante o GAC 7. Despóis proxectarase o documental Un mar de mulleres".