Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Cunha competencia deportiva de estudantes, Gondomar celebrará o Día Internacional das Mulleres.

Cunha competencia deportiva de estudantes, Gondomar celebrará o Día Internacional das Mulleres.

Correo-e Imprimir PDF
igualdad de_genero1

110 rapazas e rapaces participarán nunha carreira o vindeiro 8 de marzo con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres. As probas deportivas, organizada pola Concellaría de Igualdade local, faranse nun marco de traballo en "prol da igualdade de oportunidades a través da coeducación, a corresponsabilidade nas tarefas do fogar e outros ámbitos, a través dunha carreira, anuncian dende o Concello.

 

O percorrido da carreira transcorrerá polas rúas máis céntricas do municipio, Elduayen, Urzaiz, aparcadoiros próximos á praza de abastos e Avenida do Conde. A saída está programada para ás 12.30h da explanada diante do pavillón dos deportes con chegada ao Auditorio Lois Tobío. O tempo estimado de duración da carreira entre hora e media e dúas horas.

Participarán nenos e nenas de 4º e 3º da ESO dos IES Auga da Laxe e Terra de Turonio (respectivamente), sumando un total de 110 participantes.

Segundo describe a organización do evento, durante a carreira (na que os/as rapazas e rapaces participarán por parellas, atados de mans e pes, co requisito de que non se coñecerán de nada) haberá que desenvolver distintas probas que favorecerán a "educación corresponsable", onde os participantes terán que por en marcha as súas habilidades para realizar tarefas "tipificadas como masculinas e femininas". Durante toda a carreira, vaise a valorar o tempo de chegada e no tocante ás probas o tempo de realización, calidade, acabado e actitude das parellas.

Todos os participantes levarán un mandil pola corresponsabilidade que incluirán o slogan: "Eu Colaboro".