Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Os socialistas de Nigrán presentan o calendario de actos co motivo do Día Internacional da Muller.

Os socialistas de Nigrán presentan o calendario de actos co motivo do Día Internacional da Muller.

Correo-e Imprimir PDF
carmen-avedano


A presidenta da Fundación Érguete-Integración, Carmen Avedaño, falará este venres 2 marzo ás 20.30 horas, na Asociación Veciñal de Panxón no marco dos actos organizados polo PSOE de Nigrán con motivo do Día Internacional da Muller. No encontro proxectarase a curtametraxe "Ni locas ni terroristas" (dirixida por Cecilia Barriga), sobre o grupo de nais e fillos vítimas da droga.

 Os actos con motivo do 8 de marzo, continuarán cunha reunión o domingo 4, coa parlamentaria socialista galega Carmen Cajide Hervés. A mesma terá lugar no Vino - Hotel "Sete Uvas" ao que só poderán asistir previo convite dada a limitiación de aforo.

Como remate das actividades o domingo 11 ás 10.30h da mañá, percorrerase os Carreiros de Monteferro. A andaina sairá dende o Campo das Redes na Praia América, rematando no porto de Panxón.