Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Fran Alosno e Xurxo Souto presentan o espectáculo "O meu gato é poeta" na libraría Libraida.

Fran Alosno e Xurxo Souto presentan o espectáculo "O meu gato é poeta" na libraría Libraida.

Correo-e Imprimir PDF
Xurxo_e_Fran_gato

O próximo sábado 7 de maio, ás 12,00 horas, a librería Libraida de Gondomar acollerá o espectáculo poético-musical «O meu gato é un poeta». A obra está baseada no libro do poeta Fran Alonso e a música de Xurxo Souto. O espectáculo está dirixido para nenos de 4 anos en diante, e por suposto, tamén para adultos.

O meu gato é un poeta é un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras. Está ideado coma se fose un xogo ou un obradoiro. O meu gato é un poeta bota man da fusión de xéneros literarios a través da reflexión, da poesía visual, dos xogos de palabras, da interacción, dos caligramas, da narración, da música, das novas tecnoloxías para conseguir unha proposta poética fresca e divertida.

O libro vai acompañado dun CD que enriquece o texto grazas á mestura de distintas artes e amplía ante os lectores a súa visión da poesía, permitíndolles abordar novas dimensións e agrandando a súa percepción sensorial. A música das seis cancións do CD é de Xurxo Souto. O meu gato é un poeta conta tamén con web propia www.gatopoeta.net. Nesta páxina o lector poderá atopar máis poemas, información sobre o libro e o disco, xogos, mp3 coa voz do autor recitando, cuestionarios con resposta.