Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura “Luz Verde” ou o desafío extremo de intentar mercar un Voltarén sen receita.

“Luz Verde” ou o desafío extremo de intentar mercar un Voltarén sen receita.

Correo-e Imprimir PDF
cruces-de-farmacia-314832

O fracasado intento de mercar un medicamento pode chegar a ser motivo dabondo dunha obra literaria e tamén cinematográfica. Chega con que unha mirada sensible sexa capaz de reflectir dun xeito creativo unha escena que pode ter moito de cotiá, traxicómica, acaso cruel. De feito, o escritor Fran Alonso xa o fixo no seu conto 01 AM (Cemiterio de elefantes, Xerais, 1994). Agora, e baseada nese texto, a curtametraxe Luz Verde achéganos unha dramatización xeitosa das peripecias dunha veciña da aldea que se traslada na madrugada a unha farmacia de Vigo co desafío "extremo" de obter un Voltarén sen receita.

 

Dim lights Embed Embed this video on your site

A curtametraxe está producida por Urban Pig Films e dirixida por Sara Casal. O reparto de actores está integrado por Dorotea Bárcena, César Cambeiro, Miguel Llanderas, Susana Álvarez, Carmelo Abollo, Uxío Couto e Martín Martínez. Duración: 12'

O vídeo xa está dispoñible na rede a través da canle en You Tube da produtora.