Os gondomareños e veciños da bisbarra terán a posibilidade de introducirse de primeira man na trama dun dos libros máis comentados do ano, Os fillos do mar, de Pedro Feijoo. Presentado por Fran Alonso (escritor e membro da Editorial Xerais), Feijoo falará da súa novela cos lectores e o público que se achegue á Librería Libraida (Rúa Rosalía de Castro, nº 13), este venres 4 de maio a partir das 20:30 horas. Os fillos do mar, finalista do Premio Xerais de Novela 2011, atópase entre os libros de narrativa galega co mellor acollida do público dos últimos meses.
Pedro Feijoo ( Vigo,1975) é veciño de Gondomar. A súa formación é filolóxica, aínda que ao longo dos últimos anos exerceu profesionalmente como músico, levando a cabo unha intensa traxectoria como produtor, compositor e membro dalgúns dos máis salientables proxectos musicais galegos.