Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Visita nocturna aos petróglifos de Auga da Laxe organizada polo IEM.

Visita nocturna aos petróglifos de Auga da Laxe organizada polo IEM.

Correo-e Imprimir PDF
Pedra-das-procesins

O vindeiro mércores 13 terá lugar unha saída nocturna organizada polo Instituto de Estudos Miñoranos (IEM)para visitar os petróglifos de Auga da Laxe, na parroquia de Vincios, Gondomar. Neste complexo de arte rupestre terase a posibilidade de observar a "Pedra das Procesións", un dos paneis da arte rupestre galega máis importantes. A mesma contén unhas trinta representacións de armas que comprenden alabardas, puñais, espadas e escutiformes nunha superficie inclinada de 10 x 5 metros, o máis grande dos coñecidos no continente europeo.

O punto de encontro será na sede do IEM, na Avenida da Feira número 10, baixo, en Gondomar ás 22 horas. Os guías do percorrido serán os membros do IEM Eduardo Méndez e Xilberte Manso. A actividade é para todo público e totalmente gratuíta. Recoméndase ter a precaución de levar auga para beber, lanternas, abrigo e calzado apropiado para a travesía.