Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Xeira Marítima do IEM: “Naufraxios na Ría de Baiona” coa guía de Xosé Lois Vilar e Quico Cadaval.

Xeira Marítima do IEM: “Naufraxios na Ría de Baiona” coa guía de Xosé Lois Vilar e Quico Cadaval.

Correo-e Imprimir PDF
Xeira maritima do iem

O vindeiro martes 20 de agosto terá lugar unha nova Xeira Marítima do Instituto de Estudos Miñoranos pola costa do Val Miñor, que contará coa participación de dous coñecidos persoeiros: o arqueólogo Xosé Lois Vilar e o actor e contacontos Quico Cadaval. Ambos os dous serán os encargados de achegar as historias, contos e lendas que nacen destas ribeiras da ría, especialmente as relacionadas aos naufraxios que dende tempos remotos tiveron lugar na bisbarra. O punto de encontro será no porto de Baiona ás 20 horas e a participación está suxeita a unha inscrición previa.

Para asistir á Xeira Marítima é preciso abonar previamente a viaxe na conta do IEM 2080.5035.07.3040014164, de Nova Galicia Banco. No concepto da transferencia debe figurar a palabra BARCO, mais os nomes dos viaxeiros, así como engadir se viaxan menores de 3 anos e a cantidade. Para facilitar a identificación dos participantes é conveniente unha vez feito o depósito, achegar ao correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , unha copia do mesmo máis o texto do "concepto", pois moitas veces as copias dos recibos non achegan toda a información.
Prezos: Menores de 3 anos, de balde; 3-10 anos: 10 €; maiores de 10 anos: 15 €.
Pode informarse no teléfono (680644490) ou na sede do IEM (Avda da Feira Nº10, baixo, Gondomar) de luns a venres de 18 a 22 horas.