Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Coñecendo a Arte Rupestre Galega có Instituto de Estudos Miñoranos: Parque de Tourón.

Coñecendo a Arte Rupestre Galega có Instituto de Estudos Miñoranos: Parque de Tourón.

Correo-e Imprimir PDF
O arqueólogo Xosé Lois Vilar (IEM) presentará as súas novas pescudas na Arte Rupestre en Pontecaldelas.

Dentro das Xeiras "Alén Miñor", saídas fora da bisbarra do Val Miñor organizadas polo Instituto de Estudos Miñroranos, visitarase os Petróglifos de Tourón no concello de Pontecaldelas. O punto de encontro será o Centro de Interpretación de Arte Rupestre do Parque Tourón, este venres 15 ás 22:30 horas. A actividade tamén atópase no marco da II Festa de exaltación da Arte Rupestre de Pontecaldelas.

O evento contará cunha nova presentación audiovisual titulada "Escenas de caza na arte rupestre galega" a cargo do arqueólogo Xosé Lois Vilar (Subdirector do IEM), a desenvolverse no punto de encontro. Logo da presentación terá lugar a visita ao conxunto de petróglifos do Parque Tourón. A actividade é para todo público e totalmente gratuíta. Recoméndase ter a precaución de levar auga para beber, lanternas, abrigo e calzado apropiado para a travesía.