Mércores, 15 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Máis fogueiras, máis control policial e un exército de limpeza en Nigrán para a noite de San Xoán.

Máis fogueiras, máis control policial e un exército de limpeza en Nigrán para a noite de San Xoán.

Correo-e Imprimir PDF
Las-hogueras-de-San-Juan

O Concello de Nigrán fortalece este ano os dispositivos de seguridade e urxencia para a noite de San Xoán. O alcalde de Nigrán e responsable de Seguridade e Tráfico, Alberto Valverde, adoptou esta medida "co firme obxectivo de evitar os problemas sucedidos o pasado ano", anuncia un comunicado da administración.

O dispositivo de seguridade e urxencias estará integrado por 17 policías locais de Nigrán, que ademais contarán co reforzo de catro efectivos da Policía Local do Porriño; dous membros do Grupo Operativo de Urxencias da Mancomunidade; 23 efectivos de Protección Civil e dúas ambulancias. Reforzos da Garda Civil completan os dispositivos de seguridade e urxencias da noite de San Xoán, que terán a responsabilidade de "asegurar o respecto dos espazos públicos así como o coidado e protección da contorna".

Por outra banda, o concello informa que os operativos de limpeza das praias estarás integrados por 20 operarios da concellería de Vías e Obras e outros 20 da empresa CESPA. Ademais da maquinaria do Concello, este dispositivo contará tamén co soporte dunha máquina cedida pola Deputación de Pontevedra, a cal quedará a disposición do Concello durante todo o verán.

Segundo o manifestado no comunicado, o Concello quere compatibilizar a celebración das festas e mais as actividades tradicionais co mantemento dos espazos públicos e o respecto da contorna. O alcalde Alberto Valverde manifestou que "Pomos en marcha estes dispositivos co firme obxectivo de recuperar unha festa tradicional do noso municipio, pero tamén para recuperar as bandeiras azuis, un recoñecemento que perdemos o pasado verán e que os nosos areais merecen"

Dúas fogueiras: recuperación da tradición

Este ano o Concello de Nigrán  anuncia a recuperación da tradicional segunda fogueira da noite de San Xoán, "unha decisión que leva moitos máis esforzos de organización pero que tanto os veciños e veciñas de Nigrán como os visitantes que recibimos nestes días demandábano" asegurou o alcalde. "As festas de San Xoán son un emblema da parroquia de Panxón e do noso municipio, e é o noso deber e a nosa responsabilidade traballar para que a tradición siga viva" sinalou. Por todo iso o concello cormprométese a obter o recoñecemento como Festa de Interese Turístico, para o próximo ano.