Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán As fogueiras iluminaron Nigrán na noite de San Xoán. Unha persoa foi ferida de arma branca na madrugada.

As fogueiras iluminaron Nigrán na noite de San Xoán. Unha persoa foi ferida de arma branca na madrugada.

Correo-e Imprimir PDF
Restos dunha fogueira no interior do espacio protexido das dunas de Gaifar

.Miles de persoas elixiron Nigrán para festexar a tradicional Noite de San Xoán, coas fogueiras e atraccións organizadas polo Concello.

.No transcurso da madrugada constatáronse algunhas refregas entre grupos de mozos, tamén casos de coma etílico e unha persoa cunha ferida leve de arma branca.

.Os responsables dunha desfeita nas dunas de Gaifar foron identificados pola policía e serán emprazados o próximo luns polas autoridades.

Miles de persoas de tódala bisbarra miñorana e outros puntos das Rías Baixas atoparon nas fogueiras organizadas nas praias de Nigrán, o escenario perfecto para dar a benvida ao solsticio de verán. Veciños, visitantes, e unha importante presenza de xente nova celebrou a noite San Xoán dende a tardiña ata ben entrada a madrugada. A festa foi considerada polas autoridade municipais un éxito para a hostalería e a economía da zona. Dende a alcaldía se anuncia o inicio dos trámites para achegar a designación de esta festa tradicional como de interese turístico para Galicia.

A pesar da nutrida presenza de servizos de seguridade ao longo da zona de Praia América e Panxón, fontes dos distintos equipos que participaron na organización do evento así como do público participante informaron de  algúns casos de comas etílicos que tiveron que atender os servizos sanitarios e mais algunhas refregas que foron desactivadas polos axentes de seguridade. Segundo confirmara o alcalde Alberto Valverde a Valminor.info, unha persoa recibiu unha ferida de arma branca. O corte provocou que o ferido fora atendido no centro de saúde A Xunqueira e tivérase que realizárselle dous puntos de sutura, nunha ferida superficial. Os involucrados nesta rexeita, así como outros individuos que participaron dunha desfeita na zona protexida das dunas de Gaifar, foron identificados pola Policía Local e a partir do próximo luns serán emprazadas para declarar, informou o alcalde.

No caso das dunas de Gaifar, atopouse que un grupo de persoas subtraeron os paus que delimitan a zona protexida onde se realizan traballos de repoboamento de especies vexetais e animais por parte da Universidade de Santiago. A nota gráfica obtida por Valminor.info proba o uso para realizar unha fogueira cos devanditos postes. Tamén notouse que nesta zona protexida tivo lugar o tránsito de persoas polo cal deberase estar á espera do informe final dos biólogos da Universidade para ter información sobre si ademais da desfeita de materiais hai que lamentar algún prexuízo nas especies protexidas.

O concelleiro de Vías e Obras de Nigrán, José Álvarez, valorou nuns 20 postes os retirados da área de protección por parte dos vándalos. Álvarez informou que salvo a quita dos postes non atopouse a simple vistas maiores danos e asegurou que o próximo luns xa estarase traballando na restitución dos mesmos. Pola súa banda, o alcalde Valverde afirmou que o Concello será enérxico nas medidas a tomar con aqueles que veñen "a destruír a riqueza natural e patrimonial dos veciños de Nigrán". O rexedor anunciou que o vindeiro luns tódolos corpos e servizos involucrados no evento realizarán os seus reportes, logo do cal tomaranse as medidas administrativas e legais correspondentes cos infractores identificados.

A custodia da festa estivo a cargo de 17 efectivos da policía local, 2 do corpo de Porriño, 4 membros do Grupo Operativo de Emerxencias de Mancomunidade do Val Miñor, 23 efectivos de Protección Civil e mais dous ambulancias.

Na mañá do venres 24 un dispositivo de 40 persoas (20 operarios de Vías e Obras e outros tantos da CESPA), dirixidos pola concellería de Vías e Obras asumiron a limpeza da zona. As brigadas de limpeza comezaron sobre as 7 de mañá e sobre as 10:30 xa estaban rematadas as tarefas nas principais zonas onde tivo lugar a festa, sinalou o concelleiro Álvarez.