Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Goberno e oposición volven a mostrarse dentes en Nigrán por mor da Noite de San Xoán.

Goberno e oposición volven a mostrarse dentes en Nigrán por mor da Noite de San Xoán.

Correo-e Imprimir PDF
concello_nigran

Lola Martínez Losada, portavoz en materia económica do PSOE Nigrán, acusou de "despilfarro"  para contentar á Policía Local os 286.60€ cos que se pagaron a cada un dos 13 axentes por dúas horas extras cumpridas durante a Noite de San Xoán, así como os 309.80€ que recibiu o oficial que estaba de servizo esa noite. Os socialistas engaden que no informe do Interventor Municipal advírtese que o Concello de Nigrán carece de crédito dispoñible para o pago das devanditas "gratificacións". Pola súa banda, o rexedor Alberto Valverde sinalou que o traballo dos policías era imprescindible para o bo desenvolvemento do evento e opinou que "“invertir en seguridad no es despilfarrar, sino más bien, todo lo contrario, actuar con responsabilidad, ya que la tranquilidad y seguridad de los vecinos y vecinas de Nigrán es y será uno de mis mayores objetivos”.

Os socialistas sinalan que o gasto "descontrolado e fora de orzamento" vai supor o anuncio de suba de impostos de cara ao novo orzamento do municipio. O escrito de Martínez Losada, afirma que  segundo o informe preceptivo e previo do Interventor " Alberto Valverde pagou en horas extraordinarias e gratificacións 6.335,00€ pola vixilancia da noite de San Xoán."

En cambio, o rexedor de Nigrán asegura que pagouse o que se ten acordado cos funcionarios dende o pasado goberno socialista de Efrén Juanes. Agrega que a partida corresponde ao capítulo de persoal, e que se conta cos 18.000€ que o seu goberno aforra de gastos de goberno correspondentes ao orzamento prorrogado con que conta esta administración. Valverde arremete contra Martínez Losada e siñala que o " dinero que antes cobraban los concejales socialistas ahora se destina a pagar a policías, protección civil y brigadas de limpieza por su fantástico trabajo en la noche de San Xoán".

Alberto Valverde acusou de "cinismo" e "mala fe" aos socialistas por vaticinar unha suposta subida de taxas e impostos no próximo orzamento do actual goberno do PP. O alcalde sinala que durante o mandato socialista aprobouse con apoio do PSOE un plan de saneamento económico ata o ano 2015 que prevé medidas de carácter económico entre as que se inclúen incrementos progresivos en diversos impostos e taxas ata ese ano 2015. Neste sentido, Alberto Valverde asegura que o seu goberno está " haciendo números para que en la situación económica actual no se traslade un mayor peso a los vecinos y vecinas de Nigrán".