Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Os socialistas alertan sobre a desfeita na que se atopa o sistema de dunas de Panxón.

Os socialistas alertan sobre a desfeita na que se atopa o sistema de dunas de Panxón.

Correo-e Imprimir PDF
Testemuña fotográfica brindada polo PSOE sobre a desfeita nas dunas de Panxón.
  • Anterior
  • 1 of 4
  • Seguinte

O PSOE denuncia que a "recuperación do sistema Dunar de Panxón e Lourido sofre o total desinterese do novo goberno municipal do PP de Nigrán". Os socialistas afirman que a noite de San Xoán, "á que temos que apoiar e converter en referente cultural e festivo de Nigrán", volveu a cebarse co sistema dunar de Panxón e "22 días despois o PP de Nigrán segue sen actuar sobre o mesmo". Nun escrito público asinado polo concelleiro Juan González, tómase nota das desfeitas atopadas nese espazo protexido: "canleado de acceso rachado que abre camiños o longo das dunas, vexetación arrancada e non reposta, restos de lixo nas dunas, reposición de postes que nada teñen que ver cos postes orixinarios e sobre todo ningunha avaliación de danos e de necesidades nin por parte de Alcaldía nin por parte da Concellería de Medio Ambiente do Concello de Nigrán".

O portavoz opositor sinala que " O Partido Socialista estaría encantado de darlle 100 días de marxe ao novo goberno de Nigrán, tal como pide o seu Alcalde, pero o sistema dunar de Panxón non pode esperar ao mes de setembro para que a administración local actúe". O comunicado lembra que os traballos de recuperación das dunas comezaron durante u goberno popular de 2005, continuaron durante a xestión socialista (2007-2011), pero que agora " corre o risco de perderse si o PP e Alberto Valverde seguen sen tomarse en serio as súas políticas medio ambientais"

Os socialistas que acompañaron a denuncia con testemuñas fotográficas das dunas, expresan que dende " o Partido Socialista seguimos apostando pola celebración das festas tradicionais e converter as Fogueiras de Panxón nun referente turístico-cultural e festivo en Galicia máis aínda coa complicidade dos veciños e veciñas de Nigrán tal como está a pasar en San Xoán de Panxón." Por último o concelleiro Juan González en nome da agrupación socialista de Nigrán esixe "ao Partido Popular que de xeito inmediato se poña a traballar e actúe sobre estes espazos tan importantes para o desenvolvemento ordenado do noso concello e imaxe do Nigrán no que os seus cidadáns queren vivir."