Domingo, 5 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Os socialistas de Nigrán esixen á Xunta que medie no caso das participacións preferentes.

Os socialistas de Nigrán esixen á Xunta que medie no caso das participacións preferentes.

Correo-e Imprimir PDF
concentracion vigo_preferentes_nova_galicia_banco

As declaracións de solidariedade cos afectados polo "curraliño" xerado polas participacións preferentes tamén ingresa no ámbito da polémica entre socialistas e populares. Mentres o mércores pasados o alcalde popular Alberto Valverde anunciaba que presentará ao pleno unha moción de cara a intermediar "ante as institucións competentes" na pescuda dunha solución para os veciños de Nigrán, o PSOE ingresou por rexistro o xoves unha moción para instar á Xunta de Galicia para que a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo exerza todas as accións en defensa dos afectados. " O Partido Socialista non ten a intención de presentar senón que ten presentada unha moción para incluír no pleno de este mes de marzo de 2012", asegurou o portavoz Juan González, en clara alusión á iniciativa do PP local.

Ademais da intermediación da Xunta, os socialistas reclaman o apoio aos afectados por parte da corporación municipal, ante unha situación que cualifican de " estafa, engano ou roubo, que lembra ó "corralito" arxentino".

Por último, a moción de acordo tamén insta ao Presidente da Xunta de Galicia, que intermedie diante de Novagalicia Banco "para solucionar o secuestro dos aforros dos afectados, tendo en conta a responsabilidade que dende a Xunta de Galicia houbo en Caixa Galicia e Caixanova."