Domingo, 5 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O BNG presentará as súas propostas no Val Miñor verbo ás participacións preferentes.

O BNG presentará as súas propostas no Val Miñor verbo ás participacións preferentes.

Correo-e Imprimir PDF
pumar-vieitez

O BNG convoca a un acto comarcal, explicativo da problemática dos produtos financeiros, nomeadamente as accións preferentes que afecta a miles de galegos. A xuntanza contará coa presenza da responsable do BNG na bisbarra, Manuela Rodríguez Pumar e o deputado no Parlamento Galego Henrique Viéitez. O encontro de carácter aberto a todo público terá lugar na Casa da Cultura de Gondomar (Rúa Portugal s/n), a partir das 20:30h.

 

Segundo explicou Manuela Rodríguez a este medio, o faladoiro centrarase nunha explicación detallada dos distintos "paquetes lixo" que o sector financeiro comercializou nos últimos anos, así como as consecuencias e problemáticas na que hoxe se atopan os seus portadores. Deseguido, os representantes nacionalistas presentarán as diversas iniciativas que o BNG ten formuladas a nivel municipal e autonómico cara á recuperación dos depósitos por parte dos afectados.