Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Espíritu Rías Baixas presenta PortAmérica, que celebra a súa segunda edición a próxima semana

Espíritu Rías Baixas presenta PortAmérica, que celebra a súa segunda edición a próxima semana

Correo-e Imprimir PDF
Love of lesbian na pasada edición de PortAmerica - Foto: Oscar Pinal

Nigrán acollerá no seu parque empresarial a segunda edición do "Woodstock galego" PortAmérica 2013, a celebrar os días 18, 19 e 20 de xullo.

O festival abriu unha bolsa de emprego para os veciños do Val Miñor.

Os artistas que presiden o cartel desta edición son: Sethler, Amaro Ferreiro, Fon Román, Sala & The Strange Sounds, Los Coronas, Editors, The Gift, Niño y Pistola, The Soul Jacket, Delafé y las Flores Azules, Standstill, Él mató a un Policía Motorizado, La Habitación Roja, Lori Meyers, Bomba Estéreo, Banda de Turistas, Francisca Valenzuela, Arizona Baby, Gin Ga, Café Tacvba, Supersubmarina, Vetusta Morla, Delorean e Dj Lagartija.

O festival PortAmérica supón unha experiencia diferente dentro da oferta actual de festivais: conta cunha localización privilexiada e potencia os recursos e atractivos asociados á zona. Unha auténtica alternativa turística de primeiro nivel. 

"Espíritu Rías Baixas" é a marca que aproveita o impacto de comunicación que xera a saída da Volta a España 2013 para divulgar os principais atractivos turísticos do noso territorio vinculados á práctica do deporte: natureza, mar, paisaxe...

Ademais, para comunicar ao exterior outros atractivos extra, asocia os valores propios da práctica deportiva a outros sectores como son a gastronomía ou a cultura. O esforzo, a superación, inspiración, tesón... son valores comúns ao deportistas pero tamén aos nosos cociñeiros, aos nosos músicos e por que non, á nosa xente.

PortAmérica é un novo modelo de festival que se distingue por ofrecer unha proposta musical que tende lazos de unión entre Europa e Latinoamérica e por inducir a unha experiencia que só pode darse nunha contorna como as Rías Baixas, xa que aúna música, deporte, praia, natureza e gastronomía galega.

"Espíritu Rías Baixas" e PortAmérica son marcas que comparten territorio (Rías Baixas), obxectivos (atraer público/espectadores) e liñas de actuación (gastronomía, cultura e deporte).

Datos económicos e emprego.

O presuposto total que manexa a producción do festival ronda dos 460.000 euros onde os esponsors aportarán o 18% do total. O festival tamén dará emprego directo a 88 persoas e indirecto, segundo a edición de  2012, a 416 persoas.  O festival manten aberta unha bolsa de emprego para os veciños do Val Miñor,  até o día 12 de xullo, onde os interesados poderán traballar na organización do festival. Os interesados poden enviar o seu currículum a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo antes do venres 12 de xullo.