Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura PortAmérica estrea a súa Comunidade online.

PortAmérica estrea a súa Comunidade online.

Correo-e Imprimir PDF
O festival estrea a súa comunidade na rede

Baixo o nome de "Comunidade Port América"  o Festival estrea a súa rede social gratuíta destinada a albergar as propostas innovadoras dos usuarios.

A organización regala 2 abonos dobres para á mellor idea "positiva, creativa e constructiva" que serva para facer unha sociedade mellor.

A productora viguesa encargada do festival PortAmércia, Esmerarte Servizos Artísticos, presentou esta semán unha nova iniciativa para portAmérica. A rede "Comunidade Port América" pretende dotar de voz ao individuo e demostrar o poder da cultura como motor de dinamización. Ademais de MercaInnova e Gastro, os mercados de talento que terán lugar no propio recinto do festival, Esmerarte pon agora en marcha A Comunidade portAmérica, un foro virtual de acceso gratuíto no que poder publicar proxectos e ideas desde calquera lugar, máis aló das datas de realización do festival.

PortAmérica é un proxecto galego creado e xestionado integramente desde Vigo, con vocación iberoamericana, pensado para fomentar o intercambio e a comunicación a nivel transatlántico.

Para dar cabida a todas as voces en igualdade de oportunidades, desde portAmérica deseñaron esta plataforma de proxectos e ideas dende a que "calquera usuario pode compartir as súas propostas para sentar as bases dun futuro máis sustentable. Desde ideas de negocio ou iniciativas sociais a proxectos que favorezan o traballo cooperativo, o intercambio ou as contornas creativas. Propostas que melloren a nosa contorna ou sensibilicen á poboación respecto ao medio ambiente, inventos e servizos que nos axuden a axilizar procesos, a comunicarnos, a mellorar a calidade de vida ou optimizar recursos... A Comunidade PortAmérica será a canle no que expolos e comunicalos." apuntan dende Esmerarte.

A súa función: dotar de voz ao individuo emprendedor, (ou ao seu equipo ou colectivo), e dar visibilidade aos seus proxectos ante empresas, entidades, investidores, medios de comunicación, posibles colaboradores e público en xeral.

A innovación e a creatividade desempeñan un papel máis importante que nunca. É o momento de demostrar que se poden facer as cousas doutro xeito, de facilitar a implementación de novos modelos de desenvolvemento, de enxalzar o valor real do coñecemento, da experiencia dos individuos, da innovación como revulsivo e de realizar propostas que impulsen a necesaria optimización dos recursos produtivos.

Esta xanela de coñecemento e innovación colaborativa é un espazo de coworking virtual, un lugar desde o cal falarlle ao mundo, á poboación en xeral e a entidades que perseguen facer as cousas de forma diferente.

Como participar?

Participar na Comunidade Port América  é gratis e tan sinxelo como abrir un perfil en Facebook ou calquera outra plataforma: basta con rexistrarse cun email e un usuario e automaticamente abrirase un espazo propio.

Este perfil de usuario é o lugar para presentarse ao mundo, introducindo unha descrición de traxectoria profesional e datos básicos. Unha vez realizado o rexistro, xa é posible publicar un ou varios proxectos desenvolvidos por un individuo ou colectivo, ou descubrir outros proxectos nos que solicitar participar, comentar ou votar.

En cada ficha de proxecto é posible compartir textos, ligazóns, fotografías e vídeos.

Establecer lazos de colaboración, crear novas ideas con outros usuarios, etc. Sempre coa única condición de que calquera intervención teña unha actitude construtiva e en positivo e non cun único afán de protesta.

Para compartir estes proxectos en rede e que se difundan dunha forma ordenada e con máis visibilidade, desde portAmérica creamos un hashtag propio: #ComparteTalento. O obxectivo é que o usuario poida etiquetar as súas propostas e proxectos e compartilas vía outras redes sociais convidando os seus seguidores a difundir a súa idea: úneche á #ComunidadportAmerica e #ComparteTalento.

Que obtén o usuario a cambio de compartir os seus proxectos na Comunidade?

Participando obtén difusión, feedback, apoio...e quizá contactos importantes para o desenvolvemento do seu proxecto.

Tamén entra a formar parte dunha rede na que pode entrar en contacto e porse ao servizo doutros emprendedores que poidan necesitar da súa experiencia, ou atopar colaboradores que poidan axudarlle.

Participar é moi sinxelo e non supón ningún custo para o usuario.

2 abonos dobres pola patilla

 A organización regala 2 abonos dobres para á mellor idea "positiva, creativa e constructiva" que serva para facer unha sociedade mellor, más sostible, máis productiva, más digna...

As dúas ideas que consigan máis votos levarán os abonos. Así, sen máis  

Máis información sobre o festival Port América

Máis información sobre a Comunidade Port América