Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Máis de 50 innovadores inscritos en Mercainnova, o mercado do talento de PortAmérica

Máis de 50 innovadores inscritos en Mercainnova, o mercado do talento de PortAmérica

Correo-e Imprimir PDF
port america_mercainnova

Máis de 50 empresas innovadoras inscritos en Mercainnova, o mercado do talento do festival de música de PortAmérica.

Até o momento inscribíronse 52 proxectos, negocios, empresas e colectivos para participar como expositores en Mercainnova , que terá lugar durante o festival PortAmérica, (nos días 19, 20 e 21 de Xullo, en Porto do Molle, Nigrán), nunha área designada no interior do recinto.

Entre eles, empresas que apostan por ferramentas online como é o caso de Plan de Xira, novas fórmulas para os espazos de traballo, como Espacio Nido, dedicados ao público infantil como ARTE Miúda, colectivos artísticos como Metamovida, medios impresos e online como Dot ou Disquecool ou aquelas centradas no transporte sustentable ou o desenvolvemento de apps.

Unha oferta variada, ampla e heteroxénea de iniciativas que, en moitas ocasións, xurdiron como unha resposta activa á crise. Para moitos destes emprendedores significa  autoemprego, reconversión desde outras áreas profesionais e saber aproveitar as carencias do mercado e as súas oportunidades. Unha boa mostra do potencial en innovación xurdido do talentode individuos e colectivos, que aflora en tempos de crise.

Os expositores terán a oportunidade de presentar ao público do festival os seus produtos e servizos nunha área destinada ao mercado situada dentro do recinto. Ademais, desenvolveranse actividades de dinamización, intercambio e colaboración entre os inscritos en Mercainnova, que se anunciarán proximamente.

Aínda é posible inscribirse para participar en Mercainnova a través deste formulario, até o próximo 18 de Xuño, de xeito gratuíto.

Dim lights Embed Embed this video on your site