Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda PortAmérica repite e con máis artistas locais

PortAmérica repite e con máis artistas locais

Correo-e Imprimir PDF
PortAmérica 2012 - Imaxe. Oscar Pinal


PortAmérica repite. E con ánimo de perpetuarse e converterse nunha das grandes citas musicais de Galicia, tal e como apuntaba o ano pasado na súa primeira edición.

Porto do Molle de Nigrán comeza a amueblarse e modernizarse para acoller a próxima fin de semana habitantes temporais (cun camping mellorado pero a 20 euros) desexosos de festival de verán, Rías Baixas e como non, das súas cancións favoritas en directo.

Praia América e América unidos por un mar de sons de fala hispana.

Dende México, Café Tacuba, a chilena Francisca Valenzuela, La Banda de Turistas de Bos Aires, o noise rock arxentino de El Mató a un Policía Motorizado e a colombiana cumbia divertida de Bomba Estéreo, elegancia tropical con acento latino na terra dos mexilóns.  Unha das poucas excepcións é precisamente Editors, a banda británica que probablemente sexa a que atraia a máis seguidores exquisitos tras o seus recentes éxitos.

O indie español e de moda con La Habitación Roja e Lory Meyers, a enerxía no escenario coa portuguesa Sonia Tavares e a súa banda The Gift.

Repiten tirón Vetusta Morla e Los Coronas e Arizona Baby, esta vez por separado.

Val Miñor Calidade.

O anfitrión da festa é o músico que ten nome da moeda exclusiva para comida e bebida, Amaro Ferreiro, hai un ano foi o seu irmán Iván. Da casa tamén Niño y Pistola, 

O toque bailongo, ademais de Dj Lagartija que pechará a sesión do sábado, porá o pop electrónico de Delorean.

Así que, brazos arriba festivaleros, despega o PortAmérica. Non esquezades gafas de sol, o ocaso ao fondo do escenario en acción mellor con filtro.