Xoves, 23 Maio. 2013

Actualizado06:05:30 PM GMT

Estás en Canais

Gondomar exhibe ao aire libre 16 proxeccións no II Encontro de Fotografía Dixital.

Correo-e Imprimir PDF

CARTELGENERAL1O vindeiro venres 1 de xullo a partir das 22 horas comezas as exhibicións ao aire libre da mostra fotográfica do II Encontro de Fotografía Dixital Domingo Pío Quintas Núñez por diversos espazos e edificios da vila de Gondomar. O evento, organizado pola Concellería de Cultura de Gondomar e apoiado polo Instituto de Estudos Miñoranos, constará da proxeccións de 16 series fotográficas sobre a superficie do edificio da Praza de Abastos, no Centro de Saúde e os parques da Colleira e das Ánimas.

Medio Rural convoca as axudas para o sector do lúpulo

Correo-e Imprimir PDF
O cultivo de lúpulo en España está sufrindo un forte retroceso

.O obxectivo destas axudas é apoiar o establecemento de novas plantacións, a reconversión e mellora das existentes e a adquisición de maquinaria específica para a mecanización do cultivo

Preséntase no Concello de Nigrán o libro do congreso Emigración e Educación.

Correo-e Imprimir PDF

portada-libro-1-centenarioO vindeiro venres 1 de xullo ás 20:30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Nigrán será presentado ao público o libro que recolle as comunicacións presentadas no Congreso EMIGRACIÓN E EDUCACIÓN (1900-1936) Iº CENTENARIO DAS ESCOLAS DA UNIÓN HISPANO-AMÉRICANA VALLE MIÑOR (1909-2009). O libro foi editado polo Instituto de Estudos Miñoranos dentro da súa colección Universitas Minoris.

Medio Rural convoca ás axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas

Correo-e Imprimir PDF

forestacion_arbolitosO importe total previsto para esta liña ascende a 4.500.000 euros, distribuído nos anos 2011 e 2012

Estas subvencións están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013.

O Club de Petanca Bolos da Carrasca obtivo a Liga Rexional de Petanca na primeira categoría.

Correo-e Imprimir PDF
9052261-desgastado-bolas-petanca-rojo--verde-sobre-c-spedO Club de Petanca Bolos da Carrasca proclamouse campión na primeira categoría da Liga Rexional de Petanca. As tripletas do equipo que o pasado domingo 26 obtivo o seu título de campión están formadas por Lino, Ramiro e Eladio, e Sergio, Minero e Félix. A competición retomará a súa actividade o próximo mes de febreiro.

A concellería de Educación de Baiona entrega certificados a 15 alumnas da Escola de Adultos de Baredo.

Correo-e Imprimir PDF
Alumnas da Escola de Adultos de Baredo coa concelleira de Educación Mª Jesús Garbín.

A concelleira de Educación de Baiona, María Jesús Garbín entregou ás 15 alumnas que finalizaron o curso de alfabetización os certificados acreditativos. As asistentes á Escola de Adultos da parroquia de Baredo, salientaron que ademais dos coñecementos adquiridos, a experiencia aportoulles mais seguridade en si mesmas e unha maior autoestima.

Aberto o prazo de inscrición para o campamento de baloncesto organizado polo Airexa

Correo-e Imprimir PDF

airexa.As actividades celebraranse no Colexio da Marina de Panxón ao longo do mes de xullo de 10 a 14 horas.

O informe do Ministerio de Traballo certifica o despido encuberto dos obreiros das panaderías Las Mercedes.

Correo-e Imprimir PDF

huelga-9-13-3Os 25 obreiros en conflito das panaderías Las Mercedes deixaron a concentración ás portas da central ás 0 hora deste sábado 25 de xuño. A medida foi tomada logo de que na tarde do venres, recibiran a información por parte de Comisiones Obreras (CCOO), que a acta da inspección do Ministerio de Traballo certifica o peche intencional por parte da patronal dos despachos de Porriño, Nigrán e Baiona, da devandita panadería, así como o carácter de "despido encuberto" realizado pola empresa de cara aos traballadores.. A partir do próximo luns, os obreiros esperan o anuncio oficial para comezar os seus trámites que lles posibilite acceder ao paro, logo de levar seis meses e medio sen percibir os seus salarios.

Últimos días para inscribirse no campamento de verán do Centro Cultural O Castelo en Vilaza.

Correo-e Imprimir PDF

campamentoEsta semana remata o prazo de inscrición para os Campamentos de Verán do Centro Cultural O Castelo da parroquia de Vilaza (Gondomar). As actividades desenvolveranse entre as 8:30 ás 14:30 horas cun programa deseñado polo equipo Rey Midas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL