A Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807 ven de publicar nestes días, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, un tríptico informativo do sendeiro dos Matos, recuperado no ano 2005 entre os veciños e o Concello de Nigrán.
A Plataforma pola protección da serra do Galiñeiro celebra este domingo a IV andaina.
Baixo o lema "Minas! Para que(en)?", o colectivo partirá do parque forestal de Zamáns ás 10:30 horas cara a un percorrido polas zonas potencialmente afectadas polo proxectos mineiros aínda a estudo da Xunta de Galicia.
Marea amarela contra as quitas nas preferentes e subordinadas
-Vigo acolle a maior manifestación de afectados por participacións tóxicas. Unhas 12.000 persoas, segundo os organizadores, esixiron que se devolva o 100% dos aforros secuestrados. Na marcha participaron outros colectivos sociais e representantes políticos e sindicais.
ANOVA reclama responsabilidade política ao PP no caso das preferentes e apoia a marcha das plataformas en Vigo.
ANOVA – Irmandade Nacionalista do Val Miñor anuncia o seu apoio á manifestación convocada polas plataformas de afectados polas preferentes e subordinadas de Vigo e do Val Miñor que terá lugar este sábado 20 de abril na cidade olívica. A agrupación nacionalista convoca á veciñanza a participar da mesma, concentrándose ás 11 horas no cruce das rúas Aragón e Genaro de la Fuente, no Calvario.
O escritor Francisco X. Fernández Naval presenta a súa novela “A noite branca” na librería Libraida de Gondomar.
O vindeiro venres 19 de abril ás 20:30 horas terá lugar en Gondomar a presentación do libro A noite branca (Edicións Xerais), na librería Libraida (Rúa Rosalía de Castro Nº 13). O acto, aberto a todo público, contará coa presenza do escritor Francisco X. Fernández Naval –autor do libro-, e a presentación estará a cargo da profesora do IES Escolas Proval, Rosa Pascual.
Terceira Feira de Sementes e Plantón Ecolóxicos
O vindeiro domingo, 14 de abril, a Fundación Galicia Verde celebra na súa sede de Leboso (Forcarei-Pontevedra) a Terceira Feira de Sementes e Plantón Ecolóxicos.
Na feira, a máis doutros produtores, estará a Rede Galega de Sementes, coa se que poderá facer troco de sementes, a maiores das propias sementes da Fundación Galicia Verde, froito do traballo do ano pasado e que foron obtidas sen utilizar ningunha substancia química de síntese, como sempre debería facerse.
“Quen aprende a facer pan non morre de fame”: obradoiro gratuíto de pan ecolóxico en Chandebrito.
A Asociación Chandebrito 1807 organiza un obradoiro de pan ecolóxico no seu local social (antiga escola de preescolar da parroquia) o sábado 11 e o domingo 12 de maio, impartido polo biólogo, investigador e permacultor César Lema, que conta cunha ampla experiencia neste eido.
Espazo Lectura presenta o programa de actividades da Semana do Libro e a Lectura en Gondomar.
-Con actividades lectoras e espectáculos para todas as idades, Espazo Lectura bota a andar unha nova Semana do Libro e a Lectura en Gondomar a celebrarse do 22 ao 27 de abril.
O IGME investigou a mina de ouro de Pinzás con catas ilegais
A explotación de ouro que pretende sondear na parroquia de Pinzás no linde con Gondomar, o consorcio anglo-canadiano Medgold xa foi investigada a finais dos anos oitenta polo ITGE, actual IGME --Instituto Geológico y Minero de España-- nun estudo no que realizaron excavacións non autorizadas xa que incluiron parte da mina romana que alí se atopa e que aparece no Catálogo de Xacementos de Patrimonio Arqueolóxico da Xunta.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL