Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Cantares do Brión estreará novas pezas e estandarte no Concerto das Letras Galegas en Vincios.

Correo-e Imprimir PDF

coro-tradicional-canteres-bNo día en que se cumpren 150 anos da publicación de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, o Coro Tradicional Cantares do Brión estreará Has de cantar, poema que integra a devandita obra. A peza foi composta polo director do coro, Pablo Rial Salgueiro, con motivo deste aniversario. A composición, musicada a partir das primeiras estrofas do poemario, formará parte do programa do Concerto das Letras Galegas, que homenaxea ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, a celebrarse este sábado 18 de maio no auditorio do Centro Cultural de Vincios (Gondomar), a partir das 21 horas.

Fin de semana de teatro en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

feirantes1- O sábado 18 ás 22.00 horas, Artestudio Teatro representará a comedia 'Feirantes'

-O domingo 19, será a quenda da compañía Fulano, Mengano e Citano con 'Top Manta' ás 18.00 horas

-O prezo da entrada será de 3,50 euros

2 de xuño. Unha manifestación para deter as agresións mineiras en todo o país

Correo-e Imprimir PDF

 

rolda mineriaCorcoesto, Xinzo, A Fonsagrada, Santa Comba, Ordes, Cartelle, Terra Chá, Fragas do Eume ou a Serra do Galiñeiro. Son algúns dos concellos ou espazos que neste momento están ameazados por proxectos mineiros, en distinta fases e na procura de distintos materiais. En total hai na actualidade 520 proxectos mineiros activos, e o número vai en aumento polo renovado interese de moitas multinacionais por explotar certos minerais cun prezo crecente, pola falta de traballo que lles serve de argumento ás empresas para presentarse ante a poboación, e sobre todo pola connivencia do Goberno galego, que no seu Plan Sectorial de Actividades Extractivas permite autorizar minas en calquera lugar especialmente protexido.

As prestacións alcanzan o 40,71% como fonte principal de ingresos nos fogares galegos segundo o IGE.

Correo-e Imprimir PDF

fogares-igeSegundo a "Enquisa de condicións de vida das familias" (ECV), publicada hoxe polo Instituto Galego de Estatísticas (IGE), en base ao ano 2011, as fontes principais de ingresos nos fogares de Galicia se distribúen da seguinte maneira: 57,02% (ingresos por traballo), 40,71% (prestacións) 2,28% (rendas e outros ingresos).

Nova xornada de protesta dos aforristas da Plataforma Gondomar ante a sede local de NGB.

Correo-e Imprimir PDF

CAM00201Gondomar viviu este mércores unha nova xornada de protesta dos membros da Plataforma Gondomar de afectados polas preferentes e subordinadas. O colectivo mobilizouse pola mañá dende o Concello –ao que ocupan desde decembro- ata as portas da oficina local de NGB facendo soar bocinas e pitos. Alí quedaron durante varios minutos reclamando unha vez máis a devolución completa dos seus aforros atrapados polos produtos financeiros lixo vendidos pola entidade.

Celebración do Día das Letras Galegas no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

vidal-bolanhoO Instituto de Estudos Miñoranos presentará o día 17 de maio ás 19:00 horas, no Auditorio Lois Tobío de Gondomar, un espectáculo de base teatral en homenaxe a Roberto Vidal Bolaño a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Ábrese prazo para solicitar licenzas para postos de venda no tradicional mercado dos luns de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

mercado luns-O Concello de Gondomar pon en marcha unha ordenanza que regulará por primeira vez a venda ambulante no tradicional mercado dos luns no entorno da praza de abastos da vila condal.

-38 serán os postos que polo procedemento de concorrencia competitiva se ofertará aos interesados. A presentación de solicitudes ábrese por un prazo de 30 días.

Torneo de Tute en Parada organizado pola Comisión de Festas de Santiago e Santa Ana.

Correo-e Imprimir PDF

 

A Comisión de Festas de Santiago e Santa Ana 2012/2013 de Parada - Nigrán, organizará este venres 17 de maio ás 22:30 horas un Torneo de Tute con grandes premios no local da Comisión de Festas, situado o carón da Igrexa de Parada.

Recepción de currículums de camarer@s e cociner@s para tapería de próxima apertura en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

empleo-hosteleriaA tapería Adechape (Rúa Rosalía de Castro, 15, Gondomar) necesita camarer@s e cocinr@s cara a súa próxima apertura programada para principios do mes de xuño. Os interesados poden deixar o seu currículum ata o vindeiro domingo 26 de maio na Panadería Copena de Gondomar en horario comercial.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL