Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O pleno de Nigrán aprobou cos votos negativos da oposición o reaxuste das taxas para o ano 2012.

O pleno de Nigrán aprobou cos votos negativos da oposición o reaxuste das taxas para o ano 2012.

Correo-e Imprimir PDF
concello_nigran

O gobernante Partido Popular quedou só á hora de aprobar a suba de taxas e impostos municipais cara ao ano 2012. Alberto García, concelleiro de Economía e Facenda, sostivo durante a argumentación que trátase dun imperativo contemplado no Plan de Saneamento Económico 2009-2015, aprobado polo bipartito (PSOE-BNG) e que contara co apoio do PP durante o pasado mandato do alcalde Efrén Juanes.  Pola súa banda, Lola Martínez, concelleira do PSOE, fundamentou a negativa socialista co argumento que o devandito Plan é un "documento vivo",  que se pode cambiar. Nese senso, salientou que agora a situación do Concello está "máis saneada que cando se deu inicio ao plan". Para o edil Antonio Fernández Comesaña, a subida dos impostos é un erro que prexudica aos veciños, a acusou por igual a socialistas, populares e nacionalistas de ser responsables deste "plan tramposo e pouco realista".

O alcalde Alberto Valverde criticou que os socialistas votaran en forma negativa un plan "propuesto y aprobado por ellos mismos en el anterior mandato", citando o pleno extraordinario de xulio de 2009. Tamén recordou que durante os primeiros 18 meses de goberno bipartito se "subió el recibo de la basura un 7,3%, un 12,69% el I.V.T.M. y un 6% el del agua". O rexedor descartou a proposta do PSOE de trocar as medidas do seu goberno por un axuste en base do IPC porque suporía un aumento de máis dun 5% das mesmas, "una subida mucho mayor que la exigida por el plan y que la que se aplicará", opinou.

Tras o debate do pleno, mediante un comunicado, Valverde fixo referencia a unha proposta de orzamentos para 2012 que tería desenvolvida o ex alcalde socialista Efrén Juanes, na que contemplaba "una subida de impuestos directos de un 4,007% y de tasas municipales y otros impuestos de hasta un 13,642%". Información que foi cualificada como unha "auténtica desfachatez e mentira", tamén mediante escrito, polo concelleiro Juan González, ausente no pleno. "Como un goberno vai estar preparando un orzamento do ano seguinte nos meses de xaneiro, febreiro o marzo?", manifestou González. "Lembremos que o PSOE perdeu as eleccións en maio!", agregou, descartando toda veracidade ao anuncio do alcalde Valverde.

Lola Martínez Losada, que oficiou de voceira do PSOE durante o pleno, lamentou a falla de vontade política do PP para adecuar o Plan de Saneamento á realidade das actuais arcas municipais e do peto dos veciños. Fundamentou a súa apreciación en que durante os últimos catro anos a política económica "deste concello baseouse na contención do gasto e a racionalización do mesmo, sen perder para nada calidade nos servizos que se dan ao cidadán, e iso fixo que pecháramos o ano 2010 en 1.358.253,89€ positivos, o 2008 en  744.228,00€  e o 2009 en 2.181.006,32€ tamén positivos. Xa en plena crise económica e tendo que levantar unha economía municipal na bancarrota deixada por outro goberno do PP liderado por Alfredo Rodríguez."

No debate, Antonio Fernández Comesaña, voceiro da UCN-CDL afirmou que a subida de impostos e taxas aprobada polo PP é un grave erro porque empeora as situación "e carga como sempre o peso da crise sobre os que máis a sofren: as familias, autónomos, comerciantes etc".  Opinou que as devanditas medidas van" na dirección contraria. No canto de apertarse o cinto, reducir gastos correntes, de órganos de goberno, baixarse o soldo e contención do capítulo 1, diso nada de nada."

Para finalizar, o concelleiro independente criticou ao PSOE e BNG pola "falta de coherencia, sempre que eles propiciárona cando no 2009 aprobaron o Plan de Saneamento Económico, co apoio do PP e que UCN non votou por ser un plan tramposo e pouco realista, trasladando a forte presión fiscal para esta lexislatura e curiosamente agora tanto critican e oponse, tendo dúas varas de medir segundo estean no goberno ou na oposición."