Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán UCN-CDL pide baixar a presión fiscal aos veciños de Nigrán coa diminución do 80% da taxa de vados.

UCN-CDL pide baixar a presión fiscal aos veciños de Nigrán coa diminución do 80% da taxa de vados.

Correo-e Imprimir PDF
Nigrán subiu o imposto un 270% en 2011

Habería receptividade no goberno e resto da oposición para debater en febreiro coa posibilidade de entrar en vixencia no segundo semestre de 2014.

UCN volve á carga e presenta unha proposta para rebaixar nun 80% a taxa de vados en NIgrán.

O alcalde Alberto Valverde (PP) a recibiu este martes a proposta de mans do edil Antonio Fernández Comesaña, quen sinalou ao rexedor a necesidade da medida a prol de aliviar a presión fiscal sobre as familias de Nigrán.

O autor da iniciativa sinalou a VM que trátase dun imposto que "non cambia a estabilidade financeira do Concello" pero que dende a suba dun 200% en 2012, supón unha carga de case 80€ anuais aos contribuíntes. Por iso, dos actuais 19,88€ por metro lineal (m/l) para vivendas de ata 3 vehículos, a modificación achegada pretende diminuíla a 3,98€ o m/l. O que permitiría que unha vivenda tipo cunha entrada de 4 metros pase de pagar 79,52€ ano a unha cantidade substancialmente menor de 15,92€.
Fernández Comesaña exemplificou a importancia desta modificación co caso das familias con dúas entradas na vivenda, as que agora pagan case 160€ de taxa "tras o brutal aumento de decembro de 2012, as familias pagan máis por esta taxa que pola da recollida do lixo", situada nos 78€.

A intención dos centristas é deixala nun nivel aínda inferior á taxa única previa á modificación do 2012, situada nos 22,05€, o que ven a supoñer unha redución do 27,8% co respecto aquela. O edil, que opúxose no seu día á suba en decembro de 2012, entende que agora que o PP manifestou a pasada fin de semana a súa intención de baixar impostos para promover a vida comercial, "é hora de trasladar a mesma política ás familias".

A iniciativa foi presentada durante a celebración da Comisión Informativa do Pleno, e segundo puido saber VM, contou con boa receptividade por parte do goberno como do resto da oposición. Consultado Fernández Comesaña, sinalou que o acordo podería entrar a debate no vindeiro pleno de febreiro e de resultar aprobado, tería efectos a partir do segundo semestre do ano. "Como lamentablemente o alcalde non deu lugar a esta proposta no pleno de novembro, os veciños deberon pagar no primeiro semestre coa brutal suba do 2012", sinalou.