Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán As vivendas de Nigrán con menos de 3 vehículos sufrirán un aumento da taxa de vado por riba do 270% .

As vivendas de Nigrán con menos de 3 vehículos sufrirán un aumento da taxa de vado por riba do 270% .

Correo-e Imprimir PDF
vado

 


As vivendas de Nigrán con menos de tres vehículos sufrirán un aumento do 270% para o 2013 da taxa municipal por entrada de vehículos a través de beira rúas (vados), trala modificación aprobada este xoves polo goberno municipal no Pleno. Dos 22,05€ por ano que se pagaba no 2012 por vivenda, pasará aos 59,64€/ano, segundo cálculos do informe de Intervención que acompaña a resolución. A medida foi aprobada pola totalidade dos concelleiros do goberno do PP, e rexeitada pola oposición que solicitou a través do PSOE non subir o imposto municipal

 

 

 Pola contra os aparcamentos privados que ata agora pagaban unha taxa de 11,55€ ao ano por vehículo "pasaran a pagar 2000€ e 1000€ anuais de lineal o que suporá, pola contra, unha redución do 50 e o 65% da taxa que ata agora se lle viña aplicando", sinalou Juan González , portavoz do PSOE-Nigrán.

A norma vixente ata a modificación aprobada en pleno, diferenciaba as entradas de vehículos en vivendas unifamiliares, colectivas e aparcamentos públicos e privados. A reforma aprobada xera unha nova estrutura para o cálculo da taxa que toma en conta os metros liñais da entrada do inmoble, así como unha serie de variables, dende o tipo de pavimentación , destino do servizo de aparcadoiro, etc.

Segundo o informe de Intervención a nova norma presenta problemas á hora de cuantificar os valores a cobrar ao contribuínte así como insuficiencias de previsión que poden levar "inseguridade xurídica e recursos, así como causísticas diversas e dificultades na elaboración do correspondente padrón de contribuíntes da taxa".