Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O malgasto de auga en Baiona e a baixada ao 40% do embalse de Baíña chegan ao Parlamento Galego.

O malgasto de auga en Baiona e a baixada ao 40% do embalse de Baíña chegan ao Parlamento Galego.

Correo-e Imprimir PDF
Malgaste de auga hoxe na mañá na rotonda de acceso a Baiona.

A petición do alcalde Jesús Vázquez Almuíña de facer un uso responsable da auga ante a baixada das reservas do embalse de Baíña parecen que non foron escoitadas na propia administración municipal. As cámaras de Valminor.info e veciños detectaron o malgasto deste ben cualificado de "necesario e escaso" polo rexedor, nas rúas de Baiona. O rego con auga potable das rotondas de Julian Valverde, Porta do Sol, a nova rotonda de acceso á autoestrada en Sabarís, a de Santa Marta e mesmo o propio parque da Palma, non está resultando de agrado para numerosos veciños que se queixan do malgasto de auga por parte do concello, nun momento de incertidume no abastecemento.

De feito o derradeiro boletín hidrolóxico publicado por Augas de Galicia reporta que o encoro do embalse de Baíña se sitúa no 40,17% da súa capacidade, o porcentaxe menor da bacía Galicia- Costa. Ante esta problemática o deputado Henrique Viéitez (BNG) presentou ao Parlamento de Galicia unha proposición non de Lei na que insta ao goberno autonómico a tomar medias para garantir o subministro de auga potable á poboación baionesa.

O representante nacionalista tamén dirixiu catro preguntas sobor esta problemática á Comisión do Parlamento. Viéitez consultou se ten coñecemento o goberno sobre a situación na que esta o encoro de Baiña, e as posíbeis repercusións sobre o abastecemento nomeadamente para a época estacional que se atravesa. Neste senso, preguntou se se pode afirmar que o subministro de auga ao concello de Baiona está garantido tanto na cantidade como na calidade necesaria. E de non ser así, cales van ser as medidas a tomar. Por último preguntou acerca de como pensa o goberno garantir a partir da actual situación o abastecemento de auga a unha poboación que se triplicará ao longo do verán.