Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Para a Xunta, Baiona e Nigrán contan con reservas de auga para 84 días, dende Vigo alertan que só para 45.

Para a Xunta, Baiona e Nigrán contan con reservas de auga para 84 días, dende Vigo alertan que só para 45.

Correo-e Imprimir PDF

Na xuntanza deste venres pola mañá da Comisión Autonómica de Seguimento da Seca informouse que o encoro de Zamáns está ao 37,38% das súas reservas. A presa estaría en condicións de seguir subministrando auga a Vigo, Nigrán e Baiona ata o vindeiro 4 de xaneiro (84 días), de seguir na actual situación de seca, afirmou Francisco Menéndez, presidente de Augas de Galicia. Polo contraio, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou tamén esta mañá que “queda auga para 45 días”, polo que solicitou á Xunta de Galicia unha obra de condución, que debería aprobarse xa pola vía de urxencia, desde los ríos Oitavén e Verdugo, ata a presa de Eiras.

Mentres Augas de Galicia entende que non hai motivos para declarar unha situación de urxencia, o acalde de Vigo pediu unha reunión co conselleiro Agustín Hernández, para antes dunha semana no entendido que para realizar a obra necesitaríanse uns 45 días e,”pasado este prazo, se non chove o suficiente, non habería marcha atrás e Vigo e a súa zona de influencia quedarían sen auga”, manifestou.

Pola súa banda, Francisco Menéndez reiterou que esta situación xa ten o seu antecedente na primavera deste mesmo ano, que foi a máis seca dos últimos 50 anos, unha tendencia que continuou no verán, período caracterizado pola ausencia de precipitacións, onde só destacaron as fortes choivas que afectaron ás Rías Baixas, onde en menos dunha hora se rexistraron máis precipitacións na madrugada do 21 ao 22 de agosto, que en todo o que se levaba da estación estival en localidades como Vigo.

No informe presentado está mañá por Augas de Galicia á Comisión Autonómica de Seguimento da Seca, infórmase que a situación dos encoro galegos, é a seguinte con respecto aos seu volume aproveitable: Eiras (Vigo), que está ao 47,7 %, conta con reserva ata o 20 de xaneiro (99 días). Zamáns (Vigo, subministro a Nigrán e Baiona), que está ao 37,38 %, conta con reserva ata o 4 xaneiro (84 días). Cecebre (A Coruña), que está ao 50,15 %, conta con reserva ata o 7 de febreiro (117 días). Forcadas (Ferrol), que está ao 69,51 %, conta con reserva ata o 14 de marzo (153 días).A Baxe (Salnés), que está ao 62,08 %, ten o seu nivel estabilizado. O presidente de Augas insistiu en que non hai ningún sistema de abastecemento regulado que acade ningún dos niveis de alerta que se recollen no Plan especial de actuación contra a seca.

A gravidade da situación no encoros, informaron, graduaríase segundo os días de reserva do recurso en cada sistema de abastecemento, cunha alerta de 1º grado, cando as reservas foran para 40 días; de 2º grao, con reservas para 15 días; e de 3º grao ou vermella, con reservas para 5 días.