Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor A seca obriga á diminución á metade do caudal de saída do encoros de Eiras e un terzo en Zamáns.

A seca obriga á diminución á metade do caudal de saída do encoros de Eiras e un terzo en Zamáns.

Correo-e Imprimir PDF
embalse_zamans

Segundo Augas de Galicia, trátase dunha medida preventiva que permitirá incrementar a auga embalsada nunha cantidade que supón 8 veces o caudal que se está achegando nestes momentos desde Vigo a Baiona

A autoridade autonómica afirma que en virtude desta medida, a garantía da achega de auga a Vigo amplíase ata o mes de xaneiro

A Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia, autorizou ao xestor de abastecemento de auga de Vigo o axuste do caudal de saída do encoro de Eiras e de Zamáns. No caso do primeiro encoro, a saída actual é de 300 litros/segundo e pasará a 150 litros/segundo, mentres que no caso do de Zamáns pasa de 15 a 5. Augas de Galicia deu instrucións para axustar os caudais de saída dos encoros de Eiras e Zamáns, respondendo a unha solicitude da empresa xestora do servizo de abastecemento de Vigo.

A Xunta de Galicia salientou que estes últimos dous meses "caracterizáronse por ser extremadamente cálidos, con rexistros históricos de temperatura e escasos días de choivas, e as previsións meteorolóxicas para os próximos quince días en Vigo son de ausencia de precipitacións en practicamente todo o período e temperaturas máximas de máis de 25 grados, polo que as aportacións aos encoros tenderán a diminuír e se prevé un descenso do nivel destes cada máis acusado."

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sinala que esta decisión é unha medida preventiva para aumentar a garantía de abastecemento en ambos embalses. Segundo o informado pola Consellería o de Eiras está ao 84%, "o que garante o suministro a Vigo ata o mes de novembro", e o de Zamáns ao 82%, situación que "garante o abastecemento ata o mes de outubro". O goberno autonómico opina que " a garantía de auga, no caso de que persista esta situación de seca, amplíase ata o mes de xaneiro. Polo tanto, non se trata dunha medida de emerxencias, senón preventiva."

Con esta autorización, a Consellería que dirixe Agustín Hernández asegura que increméntase o recurso dispoñible para o abastecemento de Vigo "nunha cantidade que supón 8 veces o caudal que se está suministrando nestes momentos desde Vigo ata Baiona". Concretamente, esta medida de xestión do réxime de explotación dos encoros supón unha capacidade de reserva adicional de cara ao verán duns 428.000 m3 ao mes, afirman dende o ente. Agregan que esta é "moi superior aos 60.000 m3 ao mes que se están a derivar dende o concello de Vigo ao concello de Baiona, e axudan a aumentar as garantías de abastecemento de modo significativo."