Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O PSOE destapa un informe da Xunta que advierte dun período de seca en Galicia ata febreiro de 2012

O PSOE destapa un informe da Xunta que advierte dun período de seca en Galicia ata febreiro de 2012

Correo-e Imprimir PDF
Mapa de previsión de precipitacións para esta semán - Fonte Meteogalicia.org

Meteogalicia advirte no informe presentado á Consellería de Medio Ambiente, da prolongación dun inverno seco e sen choivas ate febreiro-marzo de 2012.

Os  concelleiros socialistas de Baiona e Nigrán critican a pasividade dos organismos locais, provinciais e autonómicos ante os datos do informe e os problemas de abastecemento que planean dende fai meses sobre os seus concellos.

O fenómeno atomosférido de "La Niña" no Pacífico Ecuatorial, sería o causante de que os frentes fríos e con choivas non alcancen as costas galegas.

     

    O PSOE de Baiona e Nigrán fixeron público onte un informe de 10 páxinas realizado por Meteogalicia, con data 13 de outubro de 2011, onde se advirten da probabilidade de que o fenómeno de "La Niña" provoque unha extensión do período de seca que está a padecer Galicia na actualidade.
    O informe fai unha análise pormenorizada do presente ano en canto a precipitacións escasas, e un estudo sobre a precipitación acumulada nos meses de outubro a setembro e a súa comparación cos datos climátoloxicos. O informe, que recolle datos dos servizos metereolóxicos de EEUU e Reino Unido, advirte de ambos sistemas de medición metereolóxica alertan das escasas probabilidades de que o próximo trimeste sexa máis chuvioso do habitual.

    O fenómeno atomosférico de "La Niña"

    Un factor que podería explicar a causalidade desta seca para o próximo trimestre é o feito de que no Pacífico ecuatorial estamos condicionados polo fenómeno metereolóxico denominado "La Niña" xa que leva infuído nun 47% nos anos de seca en Galicia. Ainda queo informe manifesta que "La Niña" é un patrón difícil de prognosticar e sobre todos o seus efectos nas latitudes medias como Galicia.

    O informe conclúe que a cutro prazo, a vindeira semán, Galicia experimentará un cambio de tempo deixará as primeiras choivas deste outono, pero que non resulta doado a día de hoxe saber se esas choivas serán con caracter feble ou serán cunatiosas e persistentes. Pero tantos os pronósticos estacionais como a influencia de "La Niña" no Pacífico indican que as choivas estarían por debaixo dos valores climáticos nos próximos meses.

    O PSOE de Nigrán e Baiona urxen accións rápidas para garantir o abastecemento nos dous concellos.

    A portavoz do PSOE de Baiona Isabel Domínguez manifestou a valminor.info que este informe da Xunta pon de manifesto a gravidade da situación actual, onde as expectativas de abastecemento rondan entre os 40 e 80 días, tempo que considerou vital e escaso para poder tomar as medidas necesarias dende todas as administracións.

    Domínguez manifestou o ofrecemento das formacións socialistas de Nigrán en Baiona para aunar esforzos dende todas as adminitracións, locais, provinciais, autonómicas para por unha solución enriba da mesa para paliar este grave problema que afectaría non só á cidadanía se non tamén aos sectores económicos e empresariais con consecuencias nefastas nunha situación de crise como a actual.

    O socialistas propoñen medidas de captación de auga a través do subsuelo antes de que o embalse de Zamáns pase do 38% ao 20% , xa que implicaría un punto de non retorno na búsqueda dunha solución que garanta o servizo. O motivo estaría en que por debaixo do 20% de caudal da presa de Zamáns aumentaría o grao de turbidez da auga que superaría a capacidade da nova ETAP de Nigrán para poder potabilizar o caudal de auga de Nigrán e de Baiona conxuntamente.

    A raiz da publicación do informe de Meteogalicia, Domínguez solicitou aos gobernos locais e autonómicos "transparencia e información" nun caso que suliñou é de vital importancia para os dous concellos. A portavoz socialista urxiu a captación de auga urxente para poder seguir abastecendo as zonas altas de Baiona que son as que actualmente máis risco teñen de quedar sen auga dado que non existen sistemas de bombeo.