Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Baiona quedará sen suministro de auga se a Xunta non resolve o conflicto xerado con Vigo

Baiona quedará sen suministro de auga se a Xunta non resolve o conflicto xerado con Vigo

Correo-e Imprimir PDF
Abel Caballero e Jesús Vázquez Almuiña, nunha reunión en xuño de 2011

Se en dúas semanas non cambia o estado dos encoros de Zamáns (35,9 % de auga embalsada) e de Eiras (nun 43%), o alcalde de Vigo, Abel Caballero podería cortar o suministro a Baiona. Así o informou esta mañá aos medios, logo de sinalar que o descenso continuado no nivel dos encoros que fornecen á cidade de Vigo, poderían entrar nunha "alerta roja" no termo de dúas semáns de cumprirse as previsións de ausencia de choivas.

O anuncio efectúase nun marco de presións da alcaldía viguesa á Xunta de Galicia para que financie e emprenda unha obra de transvase entre o río Verdugo e a rede de subministro. "Si la Xunta se pone manos a la obra, se resolverá el problema y no habrá necesidad de cortar el agua a nadie", indicou o rexedor á vez que acusou que  "la Xunta es la que va a decidir si hay agua en Baiona". Caballero informou que nas próximas horas se porá en contacto cos alcaldes de Baiona e Nigrán, para informarlles novamente dos riscos que se aveciñan ante o descenso contínuo das reservas de auga.

O problema do encoro de Baiña

Baiona leva xa tres meses recibindo a auga de Vigo. A presa de Zamáns fornece 29 litros por segundo a Baiona cun custe aproximado de 11.000 euros ao mes. O concello de Baiona acordou recentemente, medidas que reducen á metade a cuota mínima de consumo e duplican o importe da tarifa no caso de consumos que superen ese mínimo establecido. Dende o concello manifestaron que a medida é para beneficiar aos veciños "máis eficientes" no que se refire ao consumo de auga, pero dende a oposición ven claramente unha intención de gravamen polo custe derivado deste "bypass" de auga dende Vigo a través das antigas canalizacións de Nigrán.

A situación de alarma xerada en Baiona debeuse á actuación da Xunta de Galicia no propio encoro de Baiña, desantendendo os propios informes técnicos da concesionaria Espina e Delfín que desaconsellaban o baleirado do encoro pola carencia de choivas.

A Xunta realizou obras de ampliación da capacidade do encoro baleirando parte da auga embalsada durante os meses de febreiro e marzo de 2011. A Xunta de Galicia e o departamento dirixido por Agustín Fernández non fixeron caso ao informe da concesionaria que desconsellaba o baleirado e que supuñan un serio perigo para garantir o abastecemento durante o verán no que a vila real multiplica por 6 o seu número de habitantes. O técnicos da consellería de Medioambiente e Infraestructuras confiaron que na primaveira se restablecerían os niveis de auga. Pero as previsións non se cumpliron e a falta de choivas durante todo o verán e parte do outono provocaron que o encoro chegase a mínimos históricos e que Baiona tivese que solicitar, como xa ocorrera noutros anos, axuda aos concellos veciños para poder suplir a demanda de auga.

 

Os cruces de acusacións e as malas previsións dos políticas

As previsións do alcalde de Vigo Abel Caballero o pasado mes de agosto onde alertava desta crise de abastecemento para o mes de novembro foron duramente criticadas incluso polo rexedor de Nigrán, Alberto Valverde, que en declaracións ao Atlántico Diario recomendou ao alcalde da cidade olívica  que "se preocupase por su ciudad" e que o único que estaba facendo era "atemorizar aos cidadáns". O alcalde de Nigrán manifestaba nesa intervención que "Debemos estar tranquilos, no hay ningún problema con el agua y la Xunta, que sabe de lo que habla, ya nos garantizó que el suministro está asegurado hasta el próximo mes de enero', en referencia ao anuncio do conselleiro Agustín Ferández no mes de agosto.

Os últimos datos apuntan a que as previsións de Abel Caballero se confirman e que Baiona podería exprimentar os primeiros cortes de suministro nas próximas semáns se a choiva non reaparece pola bisbarra.

Malia que durante todo o verán e o concello de Baiona non predicou co exemplo, e podíanse ver o derroche de auga durante as tarefas de regadio diario dos céspedes das rotondas que asulagaban as estradas, as medidas de aforro de agua propostas polo goberno baionés neste último mes chegarían tarde e non poderían evitar as previsións de desabastecemento actuais.

Algúns veciños de Baiona elevan agora a súa pregunta sobre cal sería os esceario da vila se estivese construído o campo de golf previsto no PXOM para a parroquia de Baredo.