Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona A auga inundaba unha rotonda de Sabarís mentres o Concello repartía medidas de aforro á poboación.

A auga inundaba unha rotonda de Sabarís mentres o Concello repartía medidas de aforro á poboación.

Correo-e Imprimir PDF
A auga desborda unha das  rotondas de ingreso a Sabarís.

Mentres dende a alcaldía de Baiona se solicita a poboación "mesura" á hora de utilizar a auga,  un reporte gráfico obtido esta tarde polas cámaras de Valminor.info, volve a constatar que a medida non é seguida pola propia administración. Unha vez máis foi constatado o malgaste nos regadíos de espazos públicos, como na rotonda de ingreso a Sabarís onde se atopa a Glorieta Xeneral Santos Peralba. O sistema de regadío da praza non pechou a pesar de atoparse auga dabondo sobre o céspede.

O feito provócase o mesmo día que o Concello sinala á poboación a través dun comunicado público que se prega " mesura a la hora de utilizar el agua y poner en práctica medidas de ahorro tales como: utilizar lavadoras y lavavajillas a plena carga. Sustituir el baño por duchas cortas. No dejar los grifos abiertos mientras de realizan en las tareas de higiene personal. Y ser También se pide contención a la hora de utilizar el agua para riego o baldeo y en piscinas."

A administración Almuíña solicitou a Augas de Galicia o enganche á presa de Zamáns para garantir o servizo a poboación. A medida foi tomada por mor da baixa no caudal do embalse de Baiona que atópase nun 35% da súa capacidade. As autoridades baionesas tamén cursaron a solicitude ao Concello de Vigo e mais o de Nigrán, xa que no primeiro están os terreos da presa e no segundo o lugar da conexión que permite a traída da auga a Baiona.

A se mesmo, estase a aproveitar acuíferos infrautilizados ou obstruídos no concello, segundo informa o municipio. A medida tamén comprende a limpeza dos causes de fontes e regatos co mesmo fin.  No caso das fontes vaise instalar un circuíto pechado co obxectivo de aforro. De cara ao consumo nas praias prevense solucións como "una mejor utilización de las duchas y lava pies instalados en las zonas de playa. Con el mismo fin, se está procediendo a lo largo y ancho del término municipal al reparto de folletos en los que se recogen normas y consejos para reducir el consumo"

En xeal, sinala Angel Rodal Almuiña, responsable de la concellería de Medio ambiente, “todos debemos considerar el agua, tanto domiciliaria como industrial como un bien escaso y por ello utilizarla ahora y siempre, solamente para satisfacer necesidades, evitando su desperdicio." A todo isto, o concello anuncia que un grupo de técnicos do concello está a "trabajando en la elaboración de una ordenanza que recoja la gestión del agua a nivel municipal."