Mércores, 23 Apr. 2014

Actualizado09:21:33 PM GMT

Estás en Canais Economía As cifras oficiais rexistran 4.747 persoas sen emprego no Val Miñor.

As cifras oficiais rexistran 4.747 persoas sen emprego no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
Oficina do INEM do Val Miñor

A tradicional pegada da Semana Santa en materia de emprego estivo por debaixo do 2011 na bisbarra. Mentres nese ano as contratacións temporais provocaron un descenso do -2.37%, no número de parados, en 2012 o mesmo efecto reduciuse ao -2.12%. Abril pechou con 4.747 veciños do Val Miñor sen emprego, 103 menos que en marzo, pero 596 casos máis que doce meses atrás.

 Nembargante os datos oficiais de desemprego deixan algúns síntomas positivos. O paro baixa en Baiona por terceiro mes consecutivo, cun -11,93% acumulado no que vai do ano. No caso de Nigrán, o descenso é maior que no 2011 (-3.34% co respecto a marzo) e Gondomar rexistra o primeiro saldo positivo do ano, con 13 desempregados menos, un -0.72% cas cifras de parados un mes atrás.