Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor "Vitaminas para o galego" preséntase o sábado no Festival Terr@ctiva

"Vitaminas para o galego" preséntase o sábado no Festival Terr@ctiva

Correo-e Imprimir PDF
Logotipo da campaña

Bota a andar unha campaña de sensibilización para axudar aos medios de comunicación na lingua propia de Galicia.

"Vitaminas para o Galego" é unha nova iniciativa de dez medios de comunicación en lingua galega que bota a andar mañá cunha presentación pública no festival Terr@ctiva en Arzúa. Os organizadores destacan que "se queremos que haxa transmisión xeracional da lingua, é imprescindible contar con medios a usen, a difundan e a prestixien".

A campaña  consistirá nunha serie de eventos (concertos, relatorios, etc.) por toda Galicia durante os vindeiros meses. Un dos obxectivos da iniciativa é axudar á supervivencia dos medios na lingua do país, así como impulsar o nacemento de novas cabeceiras.

Os medios organizadores son Tempos Novos, Galicia Confidencial (GC), Novas da Galiza,  Valminor.Info, Praza Pública , Que Pasa na Costa e a rede de emisoras municipais galegas Radiofusión . Tamén colaboran na campaña tres xornais comarcais, Crónica 3 da Mariña luguesa, O Sil de Valdeorras e Certo, xornal dixital de Barbanza e Noia.

Rolda de prensa

A rolda de prensa darana ás 13,30 horas no recinto feiral de Arzúa os xornalistas Marcos Pérez, Henrique Sanfiz e o director de valminor.info, Pedro Telmo. A iniciativa segue aberta a outros medios en galego interesados.

Campaña de mecenazgo en Verkami para axudar aos medios de comunicación en galego. A túa aportación e axuda ten premio. Ata 5 quilos de percebes de Malpica de Bergantiños e un concerto na túa casa de Leo i Arremecaghona