Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor “Vitaminas para o galego” demostra a demanda real de medios na lingua propia

“Vitaminas para o galego” demostra a demanda real de medios na lingua propia

Correo-e Imprimir PDF
calendario vitaminas_galego

A campaña, na que valminor.info é un dos dez organizadores, case duplica o obxectivo de recadación inicial.

Aínda quedan unhas horas días para contribuír e levar alguns dos novos agasallos coma unha finde semán para dúas persoas nun balneario en Palas de Rei en Lugo, 6 queixos de D.O. de Arzúa ou 1 cesta de froitas do país.

A campaña de apoio aos medios está a piques de duplicar as súas expectativas iniciais de recadación. "Vitaminas para o galego" naceu hai un mes co obxectivo de recadar 3.300 euros para poder iniciar a súa andaina de difusión por toda Galicia e hoxe, cando quedan unhas para a súa finalización, achegábase aos 6.500 euros en doazóns a través de Internet. En opinión das cabeceiras organizadoras, este éxito demostra que, malia desaparición de varios medios na lingua propia no último ano, existe unha demanda e un compromiso social real pola información en galego.

 

"Vitaminas para o galego" é unha iniciativa de na que colaboran dezanove medios e plataformas de comunicación: Novas da Galiza, Tempos Novos, Praza Pública, Radiofusión, Valminor.info, quepasanacosta, Galicia Confidencial, Certo.gl. O Sil e Crónica3. Tamén apoian Terrachá.xa, Crónicas da comarca (Arzúa - Melide), Radio Nordés (Vimianzo), Cadernos de Comunicación e Analise, Hermes e Atenea, surfgz.com, disquecool, Cabozo e Vencello.

Sen medios en galego a lingua non sobrevivirá

"Vitaminas" naceu co convencemento de que o galego non sobrevivirá se non se editan medios na lingua do país. O papel dos medios na evolución da cultura galega é indispensable, especialmente en eidos, por exemplo, como a difusión da cultura do país cara fóra ou a creación de vocabulario informativo e publicitario.

A súa primeira fase, que rematará este luns, busca recadar cartos a través da plataforma de financiamento social en liña Verkami, traducida ao galego para a ocasión. Todo o diñeiro recadado adícase a sufragar a propia campaña e ao mantemento dos medios colaboradores.

Aínda quedan unhas horas para contribuír en liña

Ademais destas cabeceiras, axudan á promoción da campaña plataformas cidadáns como Prolingua e Queremos Galego. Sumáronse tamén artistas como Roi Casal, Silvia Ferre e  Leo i Arremecaghona. Os medios organizadores agradecen a súa colaboración, así como a de patrocinadores como, entre outros, o Balneario Rio Pambre de Palas de Rei (Lugo), Froitas León e a denominación de orixe de queixos Arzúa Ulloa.

Os 182 mecenas que fixeron as súas achegas en liña reciben mercadotecnia da campaña (paraugas, etc.) e agasallos ofrecidos por esas empresas patrocinadoras. Aínda quedan unhas horas días para informarse da campaña en vitaminasparaogalego.gl e, no seu caso, contribuír a supervivencia dos medios en galego e ao nacemento doutros.

Segunda fase

Unha vez finalizada esta primeira fase, "Vitaminas para o galego" comezará a organizar actos de promoción por toda Galicia. Entre estes actos haberá concertos -nos que xa se ofreceron a colaborar até 16 artistas- e relatorios, como o organizado a fin de semana pasada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela.