Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Valminor.info e 8 medios de comunicación galegos presentan en Arzúa a campaña "Vitaminas para o galego"

Valminor.info e 8 medios de comunicación galegos presentan en Arzúa a campaña "Vitaminas para o galego"

Correo-e Imprimir PDF
Pedro Telmo, Marcos Pena e Enrique Sanfiz na presentación da campaña en Arzúa

"O idioma galego precisa de axudas, de vitaminas" afirmaron este mediodia en Arzúa os promotores da campaña "Vitaminas para o galego".

Indicaron que "se se quere garantir a transmisión interxeracional da lingua, é necesario contar con medios de comunicación que empreguen o idioma propio, para difundilo, prestixialo e convertilo en lingua de uso tamén nos núcleos urbanos".

Pedro Telmo, director de valminor.info salientou que "existe público e demanda de información local en galego" para xustificar a participación dos medios locais e comarcais nesta iniciativa. Marcos Pérez (Praza Pública) incidiu na necesidade de buscar alternativas de financiamento para este tipo de medios e destacou "a importancia da implicación da cidadanía para a súa vitalidade". Henrique Sanfiz (Radiofusión) sinalou que "a cultura non debe ser un fin en sí mesmo e pescudamos unha cultura vocacionada para a felicidade, unha cultura e unha lingua que sirva para explicar o mundo que vivimos e dar sentido á nosa existencia". Os xornalistas suliñaron a importancia da cultura e da lingua galega "como áncoras que nos enlazan co territorio máis próximo, sen que iso limite a realización de viaxes por outras culturas e outros eidos do coñecemento".

 Galicia Confidencial, Tempos Novos, Praza Pública, Novas da Galiza, Val Miñor.info, QuePasaNaCosta, certo.gl, O Sil e Crónica3 impulsan esta campaña que se desenvolverá no primeiro semestre do 2012 e que busca sensibilizar á cidadanía sobre a necesidade de medios en galego e tamén pescudar para eles, recursos económicos.


Campaña de mecenazgo en Verkami para axudar aos medios de comunicación en galego. A túa aportación e axuda ten premio. Ata 5 quilos de percebes de Malpica de Bergantiños e un concerto na túa casa de Leo i Arremecaghona