Aos Cempés a iniciativa de mecenazgo a través da Plataforma catalana Verkami funcionoulles de marabilla. Conseguiron editar o seu novo disco a través das pequenas achegas dos seus siareiros.
Agora é a campaña “Vitaminas para o galego”, presentada por 10 medios do país, a semana pasada en Arzúa a que busca o compromiso dos lectores, o compromiso da cidadanía, para asegurar a súa supervivencia.
Así, hoxe xoves 22 de decembro comezou a búsqueda de micromecenas. As primeiras horas foron dun auténtico e sorprendente éxito xa que se atoparon en pouco máis de 3 horas, 8 micromecenas. O proxecto permanecerá en vigor durante 40 dias, ata finais do mes de xaneiro.
QPC é un dos medios organizadores da campaña xunto cos portais dixitais Galicia Confidencial, Praza Pública e Val Miñor.info, a rede de emisoras municipais Radiofusión, os semanarios Tempos Novos e Novas da Galiza. Os medios comarcais Certo xornal dixital de Barbanza e Noia, Osil.info de Valdeorras e Crónica3 da Mariña Lucense, son medios colaboradores. Aos que hoxe sumouse o xornal Terra Chá.xa
Crowfunding
O crowfunding é unha forma directa de financiar proxectos coa suma de aportacións individuais. A páxina de verkami diríxese a creadores independientes que buscan financiación para materializar as súas ideas. O seu publico, convertido en mecenas, recibe recompensas exclusivas a cambio das súas aportacións.
Máis información
- Verkami: Campaña de mecezagno para Vitaminas para o galego.
- Facebook: Vitaminas para o galego.
- Twitter: Vitaminasgalego
Colabora con valminor.info e os medios en galego, e non marches coas mans baleiras.