Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

A segunda edición de Vigo Transforma incluirá o primeiro Foro Internacional de Festivais Musicais

Correo-e Imprimir PDF

festival-vigo-transforma-2011-1Os próximos días 29 e 30 de xuño, e dentro da programación do Festival Vigo Transforma, terá lugar o primeiro Foro Internacional de Festivais Musicais, que se celebrará na súa primeira xornada en San Simón, a Illa do Pensamento, na Ría de Vigo e na Estación Marítima do Porto de Vigo na segunda. Esta segunda edición de Vigo Transforma, que terá lugar entre o 23 de xuño e o 2 de xullo, conta co apoio da Xunta de Galicia e está incluída no Ano da Música 2011.

Recoñecemento da Consellería de Cultura ao grupo Berrogüetto.

Correo-e Imprimir PDF
Roberto Varela mantivo un encontro cos integrantes do grupo galego de música tradicional Berrogüetto

O grupo de música Berrogüetto foir recidbido polo conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, en San Caetano (A Coruña). O grupo foi felicitado pola obtención do Premio da Música á Mellor Canción en Galego, outorgado pola Academia das Artes e as Ciencias da Música o pasado 19 de maio na gala da XV Edición dos Premios da Música. O galardón recibido por Berrogüetto no teatro Arteria Coliseum de Madrid premia á súa canción ‘Alalá da noite’ que abre o disco ‘Kosmogonías’, o seu último traballo de estudo.

Director, guionistas e actores da película "18 comidas" estarán presentes na exhibición no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

18comidasO vindeiro sábado18 de xuño ás 22:30h no Auditorio Lois Tobío de Gondomar pase do filme "18 comidas", organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos e coa colaboración do Concello de Gondomar. Ao remate da proxección haberá un coloquio co seu director Jorge Coira, a coguionista, colaboradora do IEM e veciña de Morgadáns, Araceli Gonda e algún dos actores, pendente de confirmar. A entrada é libre.

Gran xornada de danza e música tradicional na V Foliada de Airiños da Lagoa en Baíña.

Correo-e Imprimir PDF

foliada_airios_da_lagoaHoxe sábado, 11 no Antigo Torreiro da festa de Baíña, no concello de Baiona, terá lugar a V Foliada organizada pola Asociación Folclórica Airiños da Lagoa. Ás 22h abrirán a foliada o grupo de pandereteiras "As Cascarillas" e o grupo de gaitas "Os Trebellos", da Asociación Folclórica "Airiños da Lagoa". Todos os interesados en participar, tocando ou cantando na foliada, pódense anotar polo teléfonos 627 008 926 / 986 356 109 ou durante o propio evento.

Morgadáns comeza a vivir as populares Festas de San Antonino e Santiago Apóstolo.

Correo-e Imprimir PDF

cartel_festa_morgadanseditA Comisión de Festas San Antonio e Santiago de Morgadáns ten todo listo para comezar este domingo 12, os festexos da tradicional festa parroquial de San Antonino e Santiago Apóstolo durante xuño e xullo. Música, gastronomía e actos relixiosos – tradicionais compoñen a axenda da festividade que congrega non só aos habitantes de Entidade Menor Local, se non tamén do resto do concello de Gondomar e a bisbarra miñorán.

Convocatoria para o 5º Certame de fotografía Viaxando

Correo-e Imprimir PDF

joven-con-camaraAs Oficinas Municipais de Información Xuvenil dos concellos de Baiona, Gondomar, Tomiño, Salceda de Caselas, A Guarda, O Rosal, O Porriño, e a Casa da Xuventude de Tui, organizan un ano máis, o Certame de fotografía Viaxando, sendo este ano a súa 5º edición.

Alumnos do CPI Covaterreña e do CPI da Cruz premiados na 1º edición de "Un mundo de cor"

Correo-e Imprimir PDF
  Gañadora da 3ª Categoría (ESO): Marietu Ramos - CPI Covaterreña (Baiona)

Os debuxos de tres alumnos miñoráns foron premiados entre os máis de trescentos provenientes de toda Galicia, que participaron na primeira edición do concurso "Un mundo de Cor". Marietu Ramos Martos e Lara de Villalobos Herrero , do CPI Covaterreña de Baiona, obtiveron o 1º e 2º premio respectivamente da 3ª categoría para alumnos da ESO. Pola súa banda, Xiana Vilar Estévez do CPI da Cruz de Nigrán recibiu o 3º posto na 2ª categoría para alumnado de 4º a 6º de primaria.

O Conservatorio de Gondomar abre o prazo de matrícula para novos estudantes

Correo-e Imprimir PDF

orchestra• O prazo finaliza o 15 de xuño. Poderán inscribirse alumnos de entre 8 e 14 anos de idade.As disciplinas abertas son piano, viola, violín, saxofón, clarinete e guitarra.

• Os interesados poden inscribirse en horario de mañá na oficina da Omix ou ben no propio Conservatorio, no edificio do Auditorio Municipal, polas tardes.

EXPRESA – TE BAIONA: invita a presentar proxectos aos graffiteiros para os muros do CPI Covaterreña.

Correo-e Imprimir PDF

graffiti-na-escolaAs Concellerías de Educación e Xuventude do Concello de Baiona, e o C.P.I Covaterreña, organizan unha convocatoria de pintada de Graffitis nos muros do citado centro educativo. Con este concurso pretendese crear un pequeno contexto artístico e social que sirva para "darlle un novo significado a unha infraestrutura, á vez que proporcionarlle aos novos artistas graffiteiros espazos para que poidan expresarse".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL