Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

O músico Amancio Prada fará un concerto especial en homenaxe a Álvaro Conqueiro.

Correo-e Imprimir PDF
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou esta mañá xunto a Amancio Prada o concerto especial Camelias para Cunqueiro

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou esta mañá xunto a Amancio Prada o concerto especial "Camelias para Cunqueiro", que o compositor e cantautor berciano ofrecerá o vindeiro venres día 10 de xuño no Salón Teatro de Santiago de Compostela. A actuación enmárcase na programación do Ano Cunqueiro, que conmemora o centenario do nacemento do escritor, e na celebración do Ano da Música.  Na actuación Amancio Prada –voz e guitarra– estará acompañado por Hilary Fielding ao violonchelo e Josete Ordóñez á guitarra e mandola. Xuntos interpretarán poemas tan coñecidos como A dama que ía no branco cabalo, O cabaleiro da pruma na gorra, No sono do cuco novo ou Outono cedo de gaitas, entre outros títulos do rico poemario cunqueirano.

O Día das Letras Galegas 2012 dedicarase ao escritor Valentín Paz Andrade.

Correo-e Imprimir PDF

valentin_paz_andradeO Plenario da Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2012 a Valentín Paz Andrade (Lérez, Pontevedra, 1898 - Vigo, 1987).. Paz Andrade foi  membro correspondente da Real Academia Galega desde 1964 e numerario desde 1978, cando deu lectura ao preceptivo discurso, que titulou A galecidade na obra de Guimarães Rosa, e que foi respondido en nome da institución por Álvaro Cunqueiro.  A resolución foi adoptada na sesión ordinaria do venres 4 de xuño

O escritor Santiago Lopo pecha a tempada do club de lectura Sete Vidas en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

peaxes-santiago-lopoA actividade, organizada pola asociación Espazo Lectura, será o martes 7 de xuño na Biblioteca de Gondomar

O IEM presenta o proxecto Saiáns.

Correo-e Imprimir PDF

portada-libro-topo-saians-vert-mascato-2Dende hai tempo a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común "San Xurxo" de Saiáns ven traballando en colaboración co Instituto de Estudos Miñoranos na realización de posta en valor do Castro do Alto da Medoña (Estea) e na recollida da toponimia da parroquia viguesa. Ambas iniciativas serán presentadas no acto público que dará comezo ás 11h. do sábado 4 de xuño no Parque Forestal de Saiáns. Posteriormente o arqueólogo do IEM, Xosé Lois Vilar Pedreira guiará un percorrido polos muíños, petróglifos e polo castro do Alto da Medoña, deténdose nos paneis explicativos que se colocaron.

Unha pantasma medra no Val Miñor: son máis de 4000 os "sen traballo" segundo datos oficias.

Correo-e Imprimir PDF
{plusone}

cascos_construcion_200_200

- Na bisbarra do Val Miñor perto do 15% da súa poboación en idade activa non ten traballo.

- Unha lexión de 4132 homes e mulleres empadroados nos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán están fóra do mercado laboral e deles 774 golpean portas na pescuda dunha primeira oportunidade de emprego.

IV Serán á Beira do Mar en Baiona

Correo-e Imprimir PDF

Seran-Baiona{plusone}

O vindeiro sábado 4 de xuño os colectivos “O Ximbaleu Tramallo Cultural”, “Asociación Cultural A Seneira” e a “Escola de Danza Vila de Baiona” organizan por cuarto ano consecutivo o “Serán á Beira do Mar” na vila de Baiona.

Fotógrafos dos Encontros Domingo Pío 2010 de Gondomar mostraron o seu traballo en Granada

Correo-e Imprimir PDF
{plusone}As imaxes de Gondomar estiveron presentes no Festival Internacional de Fotografía Emerxente de Granada PA-TA-TA.

• Unha selección das obras dos fotógrafos que participaron na primeira edición dos Encontros de Fotografía Dixital Domingo Pío Quintas Núñez proxectáronse onte na Praza da Catedral da capital granadina.

• Esta acción forma parte do programa de intercambios iniciado pola Concellería de Cultura no marco dos Encontros de Fotografía de Gondomar. A súa vez unha representación de Granada estará presente no mes de xullo en Gondomar. Nas vindeiras semanas pecharanse diversos intercambios con outros certames similares.

Finaliza o ciclo de TERTULIAS do IEM co faladoiro do xornalista Xosé Manuel Pereiro Sánchez.

Correo-e Imprimir PDF

Xos_Manuel_Pereiro-v-miorRemata o ciclo de Tertulias 2010-11 do Instituto de Estudos Miñoranos co faladoiro do xornalista Xosé Manuel Pereiro Sánchez, o vindeiro venres 3 de xuño. Pereiro será presentado pola tamén xornalista Rita Alonso Pérez (TVE).

Alumnos da escola infantil A Galiña Azul coñecen a Biblioteca Municipal de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

alumnos-galia-azul-baionaCo fin de fomentar entre os máis pequenos o hábito pola lectura, a biblioteca municipal de Baiona organizou a visita de medio centenar de nenos e nenas da escola infantil ás súas instalacións.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL