Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Certame Literario xuvenil Conde de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

ordenador-portatil-viajes-pequenoTodos aqueles nenos e nenas, mozas e mozos do Val Miñor menores de 20 anos que lles guste a escritura están a tempo de presentarse á nova edición do Certame Literario Conde de Gondomar. A poesía ou o relato curto son as modalidades coas que pódese participar. As bases e ficha para acompañar os traballos poden retirarse na Concellería de Educación do Concello de Gondomar. O certame conta co asesoramento do Instituto de Estudos Miñoranos, en cuxo portal tamén atópanse as bases para descargar.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A libraría LIBRAIDA presenta "Domingos de calcetíns brancos" do sociólogo Manuel Pérez Rúa.

Correo-e Imprimir PDF

calcetins_brancosA libraría LIBRAIDA de Gondomar presenta o libro "Domingos de calcetíns brancos. Relato do cambio social na xeración de 1950", do escritor Manuel Pérez Rúa. A obra foi gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2009 e será presentada por Emilio García Crego. Trátase dun retrato sociolóxico da xeración de 1950 e a evolución da sociedade nas etapas de posguerra, a ditadura, o anoitecer do franquismo e os primeiros pasos na democracia. O acto celebrarase o venres, 8 de abril ás 20:30 na libraría situada na Rúa Rosalía de Castro nº 13 en Gondomar.

O IEM proxectará o filme Cabaret na súa versión orixinal subtitulada ao galego.

Correo-e Imprimir PDF

Cabaret-680844145-largeO próximo xoves 7 de abril remata o ciclo “Lois Tobío na República de Weimar” coa proxección de Cabaret, (gañadora de 8 oscars). A película proxéctase na súa versión orixinal  en inglés e subtitulada en galego. A proxección comezará ás 20:00h, no Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) na Avda. da Feira, número 10, baixo, en Gondomar. A presentación correrá a cargo de Luís  Martínez Risco, da Fundación Vicente Risco que xunto ao Goethe-Institut, o Ourense Film Festival e a Universidade de Vigo fixeron posible que tódalas  películas do ciclo puideran ser exhibidas na súa versión orixinal e con subtítulos en galego.

Espazo Lectura bota andar "Gondomar, lendo para medrar" co fin de afondar a identidade lectora.

Correo-e Imprimir PDF
Logotipo da campaña creado pola artista Lorena Fernández.

A Asociación Espazo Lectura acaba de lanzar a campaña "Gondomar, lendo para medrar", unha iniciativa ambiciosa e de longa duración co fin de obter a unión das forzas vivas do concello na procura de afondar unha identidade que xa ten pegada fóra das súas fronteiras: Gondomar= Lectura. A súa presidente Concha Costas fundamentou a iniciativa nos beneficios que como atractivo cultural e turístico ten para Gondomar esta imaxe xa proxectada no exterior que vincula á esta localidade do Val Miñor cunha sempre ampla axenda cultural caracterizada pola súa solidez e estabilidade.

Curso en Gondomar para traballar como caixeiro ou repoñedor en supermercados.

Correo-e Imprimir PDF
Drankrek_SmatchA OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) do Concello de Gondomar manterá aberto ata o vindeiro 4 de maio o prazo de inscrición para un curso de caixeiro e repoñedor de supermercado. O mesmo está dirixido aos mozos e mozas desempregados de entre 16 e 35 anos de idade e terá 90 horas de formación -30 delas prácticas- e celebrarase do 9 ao 27 de maio en horario de 9.30 a 13.30 horas de luns a venres. Máis información na OMIX de Gondomar, na Casa da Cultura, no teléfono 986 369 746 ou no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Fundación Menela conmemora cunha inauguración o día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

Correo-e Imprimir PDF
MenelaMultisensorial-1O día 2 de abril as 10:30h celebrase a IV Edición do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Con motivo desta data, a Fundación Menela inaugura a Sala de Estimulación Multisensorial para Persoas con Trastornos do Espectro do Autismo e outras discapacidades. Ao acto, que terá lugar no Edificio CAMI (Rúa Xanelo nº 3)que posúe a Fundación no Casco Vello de Vigo, está invitado o Tenente de Alcalde do Concello de Vigo Santiago Dominguez Olveira e, no mesmo, intervirá Cipriano L. Jiménez Casas, Director Xeral da Fundación Menela a quen, recentemente, se lle outorgou o título de Vigués Distinguido.

Espazo Lectura participa en Huesca nas "V Jornasdas Aragonesas de Bibliotecas"

Correo-e Imprimir PDF

rincon-infantil-gondomar

O 1 e 2 de abril Concha Costas, presidenta de Espazo Lectura, e Rosana Estévez, vicepresidenta e responsable da área de animación, participarán en Ballobar, Huesca, nas “V Jornadas Aragonesas de Bibliotecas, Lectura y Escritura“. As datas teñen un significado especial, pois o 2 de abril é o Día Internacional do Libro Infantil.

A xornalista e guionista Araceli Gonda Cabreira protagoniza a TERTULIA de abril do IEM.

Correo-e Imprimir PDF
A xornalista Araceli Gonda na TERTULIA do IEM de abril.

A xornalista e guionista Araceli Gonda Cabreira protagonizará unha nova TERTULIA do IEM este venres 1º de abril. Natural da parroquia gondomareña de Morgadáns, Araceli Gonda foi presentadora de Deportes no Telexornal da TVG. Na actualidade centra a súa actividade na elaboración de guións e en impartir aulas de "Guión e Edición Audiovisual" na Facultade de Xornalismo da USC. Elaborou guións tanto de programas de deporte como de moitas das series máis coñecidas da TVG como "A vida por diante", "Terra de Miranda", "4º sen ascensor" "Os Atlánticos" ou, na actualidade "Padre Casares". Tamén é guionista da exitosa "18 comidas" xunto ao seu director Jorge Coira e Diego Ameixeiras. A xornalista tamén é colaboradora do IEM na organización e desenvolvemento do Premio de Poesía Victoriano Taibo.

Continúa o ciclo "Lois Tobío na República de Weimar" coa proxección de "Emilio e os detectives"

Correo-e Imprimir PDF

emil_detektiveO próximo xoves 31 de marzo ás 20:00h. na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" de Gondomar, sede do Instituto de Estudos Miñoranos terá lugar a segunda das proxeccións do ciclo "Lois Tobío na República de Weimar".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL